I Love You
Posted on Maio 13th, 2010 in Caralladas | 1 Comment »
Entre aquel cadeliño que semellaba dicir: “agua, agua” a este “quérote”… Moitas veces os sons emitidos por animais son realmente curiosos… Este, persoalmente, paréceme ben interesante…
Aíd Live que non Live Aid pero “Axuda”…
Posted on Abril 19th, 2010 in Fotos, Música | 1 Comment »
Se Bob Geldof fora o organizor daquel macro concerto do ’85, repetido posteriormente en 2005 baixo o nome Live 8 co fin de recaudar diñeiro para axudar (Aid) a África, Miguel Prado tróuxonos a Aíd, unha cantante noviña, locuaz, fresca e guapa que “axudou” a pasar un venres pola noite moi ameno na Sala600 de Melide.
Non puiden asistir nin á Fundación nin ao Gato’s porque tiña que madrugar o sábado pero o “hip-hop” de Aida mereceu a pena.
É un estilo que me leva a comezos dos 90, Fresh Prince, e todo iso;pero a rapaza faino moi ben: en galego tamén!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aconsello a todo aquel que teña a oportunidade de vela “Ao Vivo” que o faga, será un tempo ben empregado: de seguro!


MPB Vol.01: Cássia Eller
Posted on Abril 1st, 2010 in Música | 1 Comment »
Cássia Rejane Eller (Río de Janeiro, 10 Dez 1962 —29 Dez 2001)
Foi unha cantante e guitarrista de rock brasileira. Caracterizábaa a súa voz grave. Como compositora o seu traballo limítase só a dúas cancións: “Eles” e “O Marginal”.
Asumindo unha postura de intérprete reviviu pezas de grandes compositores do rock brasileiro, como Renato Russo e Cazuza, tamén artistas da MPB como Caetano Veloso ou Chico Buarque, pasando polo pop de Nando Reis e o pouco común Arrigo Barnabé e Wally Salomão, ata os sambas de Riachão e pezas clásicas do rock de Jimi Hendrix, Beatles e Nirvana. Vale a pena destacar que grabou dous discos en homenaxe a Cazuza, un deles só con cancións del e co título “Veneno Antimonotonía” extraído da letra da canción de Cazuza, “Todo amor que houver nessa vida”. Tiña predilección polas grabacións en directo (“ao vivo”) onde se sentía como peixe na auga.
O seu concerto “Acústico” na MTV é un bo arquivo tanto para mostrarnos o mellor da súa carreira como para darnos a coñocer o seu amor polo escenario. Nel, pódense escoitar unha magnífica interpretación de Non, Je ne Regrette Rien.
Era homosexual, viviu os últimos 14 anos da súa vida co seu fillo, Francisco (chamado cariñosamente Chicão) e a súa muller, María Eugênia Vieira Martins. Cando faleceu a cantante, a súa muller pediu a custodia do neno. Concedéuselle despois de que Altair Eller, o avó do rapaz, renunciara a ela. Foi un caso que revolucionou a sociedade brasileira e sentou precedente sobre as parellas homosexuais e a custodia dos fillos tralo falecemento dun dos cónxuxes. Cássia tivo moitos problemas co alcohol e as drogas, pero levaba perto de tres anos rehabilitada. Faleceu o 29 de diciembre de 2001 despois de sufrir tres paros cardíacos consecutivos. “Apuntouse” morte por error médico despois de que na autopsia fora descartada a hipótese inicial de “morte por sobredose”.
Por Enquanto
Nós
Com Você Meu Mundo Ficaria Completo
De Esquina
Je Ne Regrette Rien
Smells Like Teen Spirit
MPB no Xurxo.net
Posted on Abril 1st, 2010 in Música, Novas | No Comments »

A música brasileira é moi pouco coñecida na sociedade española en xeral. Só unha minoría coñece realmente toda a variedade musical que oferta un dos países máis grandes do mundo. Se preguntásemos a alguén se coñece algunha canción de Brasil seguramente conteste: – “A copa do mundo é nossa..” ou “Brasil, naránaránaránará”!!! ou “Olha que coisa máis linda…” Tamén dirían que coñecen a Gilberto Gil, Caetano Veloso, Carlinhos Brown ou aos Tribalistas… Desde a miña páxina gustaríame mostrar, a aqueles que lles interese, algo máis ca Samba ou Bossa Nova, estilos asociados (aquí en España e pode que en Europa ou resto do mundo) coa música brasileira.
Colgarei breves biografías e cancións dos artistas brasileiros que máis me gustan. Tentarei mostrar un abano máis que amplo e espero que sorprenda, positivamente, a máis de un. É posible que non trate todo tipo de estilos existentes mas só espero achegar á xente unhas músicas que seguramente son descoñecidas pero que eu considero máis que interesantes.

Melide e outras alternativas culturais…
Posted on Marzo 28th, 2010 in Música, Novas | No Comments »
Xa fai un tempiño que volven a estar de “moda” iso dos monólogos e agora en Melide, desde uns meses atrás, hai competencia para iso.
Somos unha vila pequena mas os venres, a falta dunha cunca de caldo, temos catro: 1- A Fundación, 2- Sala 600, 3- Pub Gato’s, 4- Cult Room Melide
A falta de locais para diversión, temos “sobredose”. Parece case a canción do “Chiki-chiki” e que cadaquén escolla o número que queira.
Por unha parte está moi ben que haxa tanta elección. Diferentes locais, ambientes variados, shows alternativos: maxia, música e humor…
O problema é cando hai que tomar decisións, horario próximo entre todos eles; onde ir? Que cada un faga o que queira…
É unha pena que sexa todo en “venres” porque un non é omnipresente pero al menos, temos unha “vidilla” que quén lla dera a moitas
vilas e case “cidades” se temos en conta o número de habitantes que somos. Desde este humilde blog gustaríame loar
esta iniciativa cultural e de ocio para que non morra e continúe porque é moi necesaria. Grazas a tódolos locais da vila por facer o “esforzo”
que sei que, ás veces, é moito!!!!
Un saúdo e xa sabedes que nos vemos en breve…
Queen Revisited 2009
Posted on Marzo 28th, 2010 in Música | No Comments »
Aquí tedes un artigo publicado no pasado mes de Decembro no que fai unha análise da traxectoria desta mítica banda inglesa.
Morriña despois de moito tempo sen ler nada sobre eles…
Gala de Humor por Haití…
Posted on Marzo 22nd, 2010 in Caralladas | No Comments »
Con unha semana de retraso (a pereza apodérase de min) colgo unha montaxe do que foi un domingo ben divertidiño na Coruña (con soneca de Marzoa incluída)
vendo unha grande cantidade de humoristas “galegos” unidos por unha boa causa…O monólogo de Pepo Suevos é para botar unhas risas: Grande Pepo!!!
Espero que vos guste.
Xurxo “O Inventor” Edison
Posted on Marzo 20th, 2010 in Caralladas | 1 Comment »
Se chego a vello seica me vou parecer a un grande inventor do pasado…hummm, interesante prosposta ![]()
Rexeitado…
Posted on Febreiro 26th, 2010 in Caralladas | No Comments »
Porque ás veces pensamos neses debuxos nas paredes dos baños…moitos deles son curiosos, outros, sen xeito, e algúns como este, peculiares. Xa sabedes, usade “a cabeciña” e así, non seredes “rexeitados” en certos momentos…
