With a Little Help From My Friends (Joe Cocker):
[audio:http://www.goear.com/files/sst2/684af4580ea9f44793f6f5dce8ec884a.mp3]
basketball milli
Temporada 94/95:(de arriba-abaixo e esquerda-dereita)
Alberto Glez,Gerardo Pazo, Óscar Glez, Manuel Rodríguez(coach), Xurxo Otero(eu), Álex Porto, Riki López, Situs, José Núñez, Alberto do Estilo, Jesús Carlos Rodríguez (Lorcas) e Fran Costoya (Cebolo)

Aqueles foran dias de risas e canastas…moitas anécdotas nos bus con Moncho Puntero camiño de Noia sen freos…joer!!! Días de néboa buscando a Núñez e Lorcas a casa despois dun sábado de chea…Situs sempre poñendo algunha excusa, e cando eu tiña un dia bo o resto cagábana e perdiamos…pero para entrenar os venres soamente, ainda lle dabamos guerra ao Rosalia… e do Peleteiro nen falemos o dia que Francisco “Cebolo” se dirixiu á muller árbitro e lembroulle que aquelo non eras tetas senón ubres… e todo o mundo polo chan…Those Wonderful Years como serie de Tv coa voz do Joe Cocker With A Little Help From My Friends na banda sonora… xusto así!!! Pero como diria Sabina nunha das súas: “los viejos tiempos no han de volver” pero qué caramba, nós polo menos pasámolo moi pero que moi ben…Eu son o anano do lado de Manuel “Panduriño”, é dicir, o terceiro de arriba contando de dereita a esquerda…
PD:
Grazas Riki pola publicación da foto no teu Blog!
Intentarei conseguir unha foto mellor dentro duns días… en cor como mínimo!