Archive for Febrero, 2007

Anatomia de Gais…

Posted on Febrero 26th, 2007 in Caralladas | 3 Comments »

Este Carnaval 2007 tivo a 3 médicas cachondas inxectando a vacina do Amor ao longo de toda a noite de parranda e troula do Luns de Entroido… Foi unha noite ben divertidiña pola vila de Melide entre os poucos que saimos disfrazados pero…Mereceu a pena os risos!!!!
Destacar como é costume nestas datas ao Bar Lar que este ano se convertiu no Lar Playboy (parodia da Mansión Playboy) con Amiguete, Lauren, Xavier Mancebo e Riki de Bully-boys e como non Óscar “Hugh Heffner” Blanco como xefe das mozas… Espero que si Riki está lendo isto, me envie unha proba real do que vos estou a contar… En fin, aqui deixo colgado unha pequena mostra do que foi unha Longa Noite de Festa!!!!!!!!!
Un saúdo xente,
Xurxo Otero.

Dr. Love
Dr. Love
Dra Kelalo
Dra Kelalo
Dra Angie
Dra Angie
Plantilla Médica
Trio del Amor

Parabéns Chaq!!!

Posted on Febrero 12th, 2007 in Novas, Saúdos | No Comments »

O noso veciño de Melide Santiago Prado Conde ven de ser nomeado gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais…Dende aquí a miña noraboa e a seguir así campión…a deixar o pavillón da terra ben alto e a seguir triunfando a nivel profesional…
Moitas Felicidades!!!!!!!!!!

antropoloxía
Santiago Prado Conde gaña o Premio Vicente Risco
11.02.2007 Cun traballo sobre os alumnos de Melide
. REDACCIÓN
O XII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais xa ten un novo gañador, Santiago Prado Conde, un antropólogo de Melide que presentou o traballo Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide .
O xurado deste galardón, convocado pola Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas, coincidiu en que o traballo deste melidense “é excelente” e que conta cunha bibliografía moi actualizada.
A transformación da realidade educativa
Os membros do xurado consideran que o autor gañador do galardón é pioneiro nos estudos de antropoloxía da educación en Galicia e que a obra premiada non só analiza, senón que tamén invita a sociedade á reflexión e á transformación da actual realidade educativa.
O traballo de Prado Conde realiza unha análise centrada no ensino na Terra de Melide que, en xeral, non contempla a diversidade e que “discrimina o diferente”, neste caso ó alumnado de procedencia rural que acode á vila e que é galego-falante.
O premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora será publicada por Sotelo Blanco Edicións.

Nessie non quere que xoguen cos seus xoguetes…

Posted on Febrero 3rd, 2007 in Caralladas | No Comments »

Tede moito coidado se visitades Escocia e vos acercades ao Lago Ness porque o seu habitante máis famoso ten ciúmes da xente que quere xogar cos seus xoguetiños lindos… para mostra, este anuncio da Toyota…Divertidiño.
Saúdos,
Xurxo Otero.

Don Pedro un señor gherrilleiro…

Posted on Febrero 1st, 2007 in Caralladas | No Comments »

D.Pedro un señor que está en contra da lei anti-tabaco en España…e os seus motivos ten…Así se fala D.Pedro…e a ver se ven esa bomba atómica e comunismo…
:)