Esta é a proba definitiva de que beber pode causar uns efectos secundarios un pouco peculiares…así que xa sabedes: Coidadiño,coidadiño,coidadiño!!! Non tódolos sustos se poden levar na estrada…vixiade a vosa propia casa porque o inimigo, a veces, está dentro e non o sabemos!! (Se non ledes ben a nova, clicade sobre a foto para ampliar)
Saúdos Comunidade!
Xurxiño.

Impresionante rapaz que se presenta ao casting de Operación Triunfo à Francesa…Non é montaxe, tódolos ruidos son feitos por esa caixa sonora… Incrible, parece o tipo da Louca Academia de Policia pero en música…Merece a pena escoitalo!!!
As mates e en especial as multiplicacións pódense resolver sen andar multiplicando e levando de atrás e emborroando a libreta…aquí está o xeito máis doado sen usar números pero sí conseguilos…Atréveste ou seguirás co método tradicional? (non vale a calculadora, claro!)
Canto botei de menos unhas almofadas así como a deste video nas miñas dúas viaxes de 10h30m de avión ao Brasil…Espero que se vós facedes unha viaxe longa, teñades en mente esta situación e quen sabe o que vai pasar…
Ata os cachorriños teñen sentimentos amorosos insospeitados ata hoxe…pobriño! Benvido ao mundo dos cornos…xa atoparás outras cadeliñas meu amigo…
Se non estades dacordo coas multas que vos poñan na estrada, aqui tedes unha nova forma de protesta…así que xa sabedes…pode que ata o consigades!!! É cuestión de fe! …e de pasar fame carallo!!!!
Saúdos,
Xurxiño.

Nunha illa deserta danche a escoller entre muller-sirea ou sirea-muller… ti, que escollerias??????? Enviade comentarios para a elabaración dunha enquisa…

Non fagades como este impresentable…lembrade de non esquecer nada de nada…para mostra, este video…
Un saúdo á miña xente,
Xurxiño.