Archive for Abril, 2007

Sé un bo exemplo para os teus fillos…

Posted on Abril 25th, 2007 in Fotos, Tv | 2 Comments »

Os nenos acostuman a imitar aos adultos, ben aos propios pais, ben a quen teñen ao lado…por iso debes ser un bo exemplo para eles dende pequechos para que así tomen conciencia de cómo actuar ou comportarse en determinadas situacións da vida…
Por favor, tenta ser a mellor referenza que un neno poda ter diante…

Prison TetraBrick ( Scofield a lo castizo)…

Posted on Abril 19th, 2007 in Caralladas | No Comments »

Impresionante!!! Supoño que os seguidores desta serie botades máis ca unhas risas con estes mini-episodios paródicos da serie americana. Acáboos de ver na páxina de Diáriodunsuevo e son caralludos… seguro que merece a pena pegarlles un vistazo…Xa me contaredes!!!!
Episodio 1:

Episodio 2:

Algo Pasa con Mary…versión española!!!

Posted on Abril 19th, 2007 in Caralladas | No Comments »

Premio á máis chuzas, premio á máis pigha-chunga, premio á máis pedorra…tanto ela (0.55) como o seu acompañante que deu no control (0.75) e dicia que ia perfecto…
Pero o mellor de todo é o porqué da súa mancha no cabelo…incrível… para botarse unhas risas al menos nese aspecto…
Xa o dicia Stevie Wonder: Se bebas non conduzas! Gustaríame que todos seguisen ese consello… Para que sirva de exemplo…
Un saúdo,
Xurxiño.

Ópera con Acción…

Posted on Abril 16th, 2007 in Caralladas, Música | No Comments »

Acabo de baixarme O Quinto Elemento, esa película xa antiga do Bruce Willis e Mila Jovovich, da cal sempre me gustou moito,moito, este fragmento que mestura golpes e música…simplemente quería deixalo por aqui para ver se algún seguidor tamén se sentía identificado…
Esperando que vos guste, despídome de todos desexándovos unha boa noite de 16 de abril…
Saúdos,
Xurxiño.

Está escrito na Biblia…

Posted on Abril 15th, 2007 in Caralladas | No Comments »

Verídico…Experiencia persoal fai 2 anos en Astorga nunha das miñas viaxes por Spain is different…Non ten desperdicio!
Un saúdo,
Xurxiño.