Archive for Diciembre, 2007

C.N. ARZÚA 07-08

Posted on Diciembre 17th, 2007 in Fotos, Novas | 1 Comment »

Aquí vos deixo o logo do clube por si queredes ter unha copia propia. Xa que na internet non aparecen fotos deste icono, encargouse meu irmán Marcus de facer unha fotiño decente para que eu a poidese colgar…

CN Arzúa 01

 

CN ARZÚA 02

READY…SET…GO!!!

Posted on Diciembre 17th, 2007 in Fotos, Novas | No Comments »

Comezou a tempada de natación e Xurxo Otero a.k.a. “A Quenlla Asasina” representa á nosa vila veciña competindo co C.N. Arzúa na Liga Galega de Clubes na súa 3ª división Grupo Par.
Xa van dúas competicións ( As Pedreiras-Lugo e Monforte) e o equipo encabeza a taboa.
De seguir así, espera ascender este ano…
Desde hoxe en diante, irei colgando novidades e fotos do clube e os seus representantes, anécdotas e resultados co fin de manter informados aos visitantes deste blog de todo o relativo á competición acuática na que estamos inmersos.
Arranca a competición positivamente e espero que todo continúe como ata agora, iso serían unhas moi boas novas…  Un saúdo a todos e…
Á auga, parrulos!!!!!

In your marks!

Get Set!

Go!

PD: a.k.a (also known as= tamén coñecido por) para os non moi postos en inglés…

Volverei antes de 2008…

Posted on Diciembre 13th, 2007 in Novas | No Comments »

Espero estar de volta antes de 2008 co meu blog… Agora por iso de estar lonxe da casa e sen conexión, faime imposible actualizar as cousiñas…pero haberá novidades…sobre todo acuáticas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!Si, si, si o de Millí competindo con Arzúa… O Xurxo agora defende á vila veciña nadando co CN ARZÚA e facéndoo o mellor que pode… Non vai mal a cousa, polo momento, pero tempo ao tempo…Espero colgar as fotos, resultados e anécdotas moi pronto aquí… Ídesvos rir un cacho co “Tabeirón Asasino” no que me estou convertindo …  


Saúdos comunidade e ata prontiño xa…