Comezou a tempada de natación e Xurxo Otero a.k.a. “A Quenlla Asasina” representa á nosa vila veciña competindo co C.N. Arzúa na Liga Galega de Clubes na súa 3ª división Grupo Par.
Xa van dúas competicións ( As Pedreiras-Lugo e Monforte) e o equipo encabeza a taboa.
De seguir así, espera ascender este ano…
Desde hoxe en diante, irei colgando novidades e fotos do clube e os seus representantes, anécdotas e resultados co fin de manter informados aos visitantes deste blog de todo o relativo á competición acuática na que estamos inmersos.
Arranca a competición positivamente e espero que todo continúe como ata agora, iso serían unhas moi boas novas…  Un saúdo a todos e…
Á auga, parrulos!!!!!

In your marks!

Get Set!

Go!

PD: a.k.a (also known as= tamén coñecido por) para os non moi postos en inglés…