Archive for Febreiro, 2008

A realidade da volta das bandas dos 80…

Posted on Febreiro 19th, 2008 in Caralladas, Música | No Comments »

Nesta versión do Every Little Thing She Does is Magic de Police está ben explicado o porqué do regreso do 100% das bandas dos anos 80 e 90 e 70 e 60… A carencia de orixinalidade é suplida por uns meses de “Flashbacks” ou “Dejàvús”
pero as bandas van deixar as súas contas bancarias por riba do cero… ben máis por riba…
Para os morriñosos, a disfrutar!!!!

Amy Uisquehouse…

Posted on Febreiro 19th, 2008 in Caralladas, Música | No Comments »

Aqui temos unha boa “charges” criticando a vida que din leva esta artista cuando non está sobre os escenarios… Teño que dicir que non escoitei o disco, pero só as cancións famosas que levo escoitado e a tipa esta mola moito… vozarrón que ela ten… e o que ela faga coa súa vida, que sexa o que ela queira… Vai acabar como o rapaz da redacción do ”Carnabal en Verín”(que está aqui abaixo)… a analítica non vai dar moi ben…
Vou! Vou! Vou! embora..!!!!!!!!!!!!!!!!!
Saudos aos meus,
Xurxo.

Carnaval 2008

Posted on Febreiro 11th, 2008 in Caralladas, Novas, Saúdos | No Comments »

Este carnaval foi divertido por 2 motivos: diferentes lugares e respecto. Aproveitei 3 días: Xoves de Comadres en Verín e Venres e Sábado en Millí…
O venres= patético!         Xoves e Sábado moi bons!
Debo dicir que en Melide o sábado paseino de vicio porque a xente se portou moi ben cás persoas disfrazadas e o Xoves de Comadres en Verín, que dicir, unha novidade para min e unha experiencia que haberá que repetir outros anos de andares por estas terras, claro!!!
Aquí deixo pegadas do que foi o carnaval a nivel particular, en breve, tamén porei mostras do que foi a nivel coletivo…
Un abrazo á miña comunidade,
Xurxiño.

Ama de Casa 01 e 02 (Xoves de Comadres)


Dr. Maligno ( Venres de Carnaval)

Vella Quente 01

Vella Quente 02

Carnaval ou Carnabal? (Verín 2008)

Posted on Febreiro 8th, 2008 in Fotos, Novas | No Comments »

Sorprendente documento encontrado por min mesmo na aula onde imparto clase. O rapaz en cuestión ten 17 anos e tódolos demáis detalles que puidese dar son irrelevantes. O caso é que esta é unha redacción feita na clase e como lle importaba tan pouco deixouna ata olvidada na aula.
O que me impresionou foi a “grande variedade” de vocabulario e o”final“da historia…
PAVERA! PAVERA! PAVERA!
Aquí deixo unha copia do orixinal e a súa transcrición (algo modificada) embaixo.
A ver que opinades, creo que non ten desperdicio…
http://farm3.static.flickr.com/2202/2250020889_25e25b606a.jpg

 
O Carnabal:
O xoves de comadres comezamos pola maña tirando fariña. Despois  á tarde emborracheime. Á noite emborracheime e ás 11 ou 12 fun dormir e antes fun ca Lucía pa un prado.
O venres lebanteime ás cinco e marcheime pa Verín e emorracheime, á noite e como o día anterior facia frio no prado, fun pa miña casa ca Lucía seguinme emborrachando ás 10 ou as 11 fun dormir. O sabado lebanteime ás 3 e media e fun e seguinme emborrachando, a noite seguinte emborracheime e marchei durmir a casa da miña Lucía.O domingo lebanteime ás 4 e fun segun emborrachandome fun oòs cochitos e as barracas dos chachos a tirar peluches, a metade dos peluches regaleillos a Lucía e a outra metade á louca da mña nai.A noite seguime emborrachandome e fun ca Lucía a dormir pa miña casa.O lunes levanteime ás 2 e comino e, na Lucía, na miña habitación tomamos o postre.Depois fun pa Verín e seguinme emborrachando a noite e igual o final da noite pa non perder a costume marchei po piso do pai da lucia a tomar o postre e durmimos ali.O martes desperteime ás 6 da tarde e fun a cambiarme a casa despois seguinme emborrachando. Á noite seguinme emborranchando , fumei uns porros, posenlle os cornos 5 ou 6 veces á novia e depois fuimos durmnir o piso do pai da  da lucia e volvimos tomar o postre…”

Comentario:
Debemos dicirlle a este rapaz que teña moito coidado porque entre tanto alcol, cigarros, e tanto, tanto postre, a analítica non lle vai dar moi ben… pero que carallo!!!!!
Hai que vivir a vida !!!!!!!!!!!!!!!
VIVA O CARNAVAL !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!