Eu recoñezo que son porco porque non acostumo a lavar o meu coche coa frecuencia que el necesitaría, pero xa atopei unha forma de non malgastar auga, agora que é época de “pouca chuvia” aquí en Galicia… Xa quedo máis tranquiliño ao saber que o meu supercoche pode ser confundido con unha importante obra de arte…Saúdos!
Eu que son fan de César Millán (O encantador de cans de Cuatro) quedei sorprendido ao ver o que nunca pensaba: A Reencarnación de Travolta…Si rapaces! John Travolta rencarnouse nun cadelo de consurso… A verdade é que merece a pena ver as cualidades que conserva tras tantos anos no mundillo… Felicidades César por ter conseguido un gran traballo con John…
Versión RAP para dar a coñecer a persoas negras que loitaron por conseguir os mesmos dereitos cós brancos e achegarse máis e máis ao “I Have a Dream” predicado por Martin Luther King…