Archive for Mayo, 2008

Björk para a lembranza…

Posted on Mayo 30th, 2008 in Música, Saúdos | No Comments »

Facía tempo que non escoitaba nada desta cantante Islandesa da que comprara nos anos 90 os seus 2 primeiros discos chamados Debut e Post… Para despedirme e desexarvos unha boa fin de semana aquí deixo o video musical dun dos seus éxitos Human Behaviour (comportamento humano) e xa sabedes, como di o título da canción: portádevos ben!
Un saúdo para todos antes de comezar o sexto mes do ano,
Xurxiño.

Festa do Boi 2008

Posted on Mayo 28th, 2008 in Caralladas, Fotos, Novas | No Comments »

Allariz, maio de 2008: Festa do Boi.

Cumplíanse este ano o vixesimoquinto aniversario da festa e a verdade é que esta edición foi ben accidentada.
A un home o boi partíulle a queixada, diferentes caidas, e un muro que se viu abaixo causando danos que puideron ser todavía maiores quedándose “só” en dúas mulleres feridas de “certa gravidade”…(unha rompeu a pelve e a outra escoitei que lle tiveran que amputar 2 dedos da man…)
Caida do muro:

A verdade é que este accidente foi mala sorte porque non era xente que estivese correndo senón que estaban observando, pero como a vida ten estas cousas, en acontecementos así calquera cousa é posible e por desgracia este ano pasou o que pasou…
Estou vendo que un ano vai ser moito peor do que este e han acabar por suspender tanto día de desfase, troula e borracheira…
Eu non baixei nin un só día porque fixo un temporal do carballo e quedeime estudando e todo para iso das opos…pero al menos quédome con unha carreira “virtual” que fixen cos meus amigos de Bilbao que son “la hostia,pues!” e tivemos a coraxe de correr diante mesmiño do boi… Valentes, coraxosos, ousados….vamos que nos quedamos pequenos.
Para mostra un botón. Ollade:

Foto: Irmáns Uriarte e Xurxiño.
PS: Os touros mellor, desde a barreira (e non me refiro ó campo da feira da vila de Allariz)

Boa sorte para 2009!

Mono fillo de p…

Posted on Mayo 27th, 2008 in Caralladas | No Comments »

Aquí vemos como un mono está a vacilar cunhas crías de tigre…e faino realmente ben… porque son crías que se fosen jrandes…pouco mono ía quedar en pé… divertidiño!

Superman Marcos…

Posted on Mayo 27th, 2008 in Novas, Saúdos | 1 Comment »

Aquí está o meu compañeiro Marcos Salgado “The King of Lanzarote” facendo das súas na proba anual do Ironman… Este ano mellorou uns minutos o resultado do ano anterior… a calor xogou na súa contra desta vez… lástima que non poidese mellorar esas marcas pero, ter que entrenar con 15ºC e facer despois a proba con moito vento e case 30ºC a verdade é que ten que ser un suplicio…(xa me anda a convencer para que vaia eu o próximo ano canda el!)

Ironman Lanzarote 2008: Natación 

Ironman Lanzarote 2008: Ciclismo

Ironman Lanzarote 08: Carreira


Bastante mérito ten finalizar xa, como para facelo en menos de 14h cando se roza a barreira dos 40… Parabéns campión!!!
A seguir así! e si aprobo as opos, o próximo Maio 09 estou contigo ainda que quede medio morto antes de comezar a maratón…
Un saúdo meu amigo e a seguir así: SUPERMARCOS!

Como un fillo pode asustar a unha nai…

Posted on Mayo 19th, 2008 in Caralladas | No Comments »

E non me refiro por chegar tarde á noite, ou que sexa unha mala noticia, non!  Nada máis lonxe da realidade…Un simple esbirro e ollade o que acontece… Paréceme superdivertido… A nai tan tranquila e de repente…
Lémbrame á broma típica esa de que prefires morte ou susto? Ollade:

Mamá e Fillo Panda

Groucho era moito…

Posted on Mayo 12th, 2008 in Caralladas | No Comments »

Este sábado estiven un pouquiño de borracheira cos amigos e acabei chupando micrófono karaoke no Gatos cantando Under Pressure e Another One Bites The Dust dos Queen…A resaca pasou e hoxe no Insti, un profe envioume un email coas frases clásicas deste actor que, indirectamente está relacionado coa banda británica, A day at the races e A night at the opera, discos e películas de banda inglesa e dos Irmáns Marx, e por iso decidín colgar esta presentación aquí no meu Blog…
Espero que botedes unhas risas porque algunhas das frases son ben sarcásticas e divertidas…

USA e os Vascos…AUPA LA OSTIA,PUES!!!

Posted on Mayo 5th, 2008 in Caralladas, Tv | No Comments »

Meu deus!!! Incrible!! O secretario do meu Insti (o gran Álvaro) dirixíume a este video para mostrar unha das animaladas culturais máis grandes referidas aos Vasco-Franceses ou Vascos… Eu sei que os ianquis non prestan muita atención no que se refire a outras culturas fóra do seu país pero, non fodades, unha cousa é inventar algo e outra facer isto que aparece a continuación:
Exemplo 01
Western El Desfiladero de la Muerte

(Ver os 2 primeiros minutos e despois pasar ao minuto 5:40)
Como diría o profesor de FAMA, A Bailar: AMAZING!
Exemplo 02: 
Serie de Macgyver

O nivel da educación hoxe en día…

Posted on Mayo 5th, 2008 in Caralladas, Tv | 1 Comment »

Despois do informe PISA que deixaba a España nun lugar un pouco baixo, aquí está o porqué desa estatística…Como mestre, doume conta que o nivel é baixo. Ás veces contas aos colegas as tonterías que din os rapaces en clase, e moitas veces non te cren…Eu entendo que non se poidan saber algunhas datas ou errar no vocabulario pero tantas cousas xuntas..
Esperemos mellorar o baremo dese informe para a próxima ocasión… Ánimo Sistema Educativo!!!!

Arriba Xaime Cantizado!!!!