Allariz, maio de 2008: Festa do Boi.

Cumplíanse este ano o vixesimoquinto aniversario da festa e a verdade é que esta edición foi ben accidentada.
A un home o boi partíulle a queixada, diferentes caidas, e un muro que se viu abaixo causando danos que puideron ser todavía maiores quedándose “só” en dúas mulleres feridas de “certa gravidade”…(unha rompeu a pelve e a outra escoitei que lle tiveran que amputar 2 dedos da man…)
Caida do muro:

A verdade é que este accidente foi mala sorte porque non era xente que estivese correndo senón que estaban observando, pero como a vida ten estas cousas, en acontecementos así calquera cousa é posible e por desgracia este ano pasou o que pasou…
Estou vendo que un ano vai ser moito peor do que este e han acabar por suspender tanto día de desfase, troula e borracheira…
Eu non baixei nin un só día porque fixo un temporal do carballo e quedeime estudando e todo para iso das opos…pero al menos quédome con unha carreira “virtual” que fixen cos meus amigos de Bilbao que son “la hostia,pues!” e tivemos a coraxe de correr diante mesmiño do boi… Valentes, coraxosos, ousados….vamos que nos quedamos pequenos.
Para mostra un botón. Ollade:

Foto: Irmáns Uriarte e Xurxiño.
PS: Os touros mellor, desde a barreira (e non me refiro ó campo da feira da vila de Allariz)

Boa sorte para 2009!