Groucho era moito…
Posted on Mayo 12th, 2008 in Caralladas |
Este sábado estiven un pouquiño de borracheira cos amigos e acabei chupando micrófono karaoke no Gatos cantando Under Pressure e Another One Bites The Dust dos Queen…A resaca pasou e hoxe no Insti, un profe envioume un email coas frases clásicas deste actor que, indirectamente está relacionado coa banda británica, A day at the races e A night at the opera, discos e películas de banda inglesa e dos Irmáns Marx, e por iso decidín colgar esta presentación aquí no meu Blog…
Espero que botedes unhas risas porque algunhas das frases son ben sarcásticas e divertidas…