Despois deste parón motivado polas Oposicións 08 e por posuír unha conexión a intenet máis ca ruín, comezo de novo a poñer cousiñas neste meu blog que teño deixado un pouco de lado…
O mellor de todo este tempo foi que aprobei os exames levando a medalla de bronce galega e a piques (por 0.05 no exame) do ouro. Pero esta terceira praza sabe a ouro ou máis porque implica que chegado Xuño non vou ter esa presión de “merda” que implican unhas oposicións… Os que estades nelas non é preciso que vos explique nada, non si?
Hoxe sairon os destinos provisionais e tocoume outra vez Verín


As miñas alumnas favoritas que, a pasares de superar a barreira dos 60 e 70, poñen un interese que xa quixeran moitos nenos da ESO…
En agosto sairán os destinos definitivos que espero, no meu caso, non mude…


Agora chega Agosto e espero viaxar un pouquiño por Galicia e quen sabe se polo resto da orografía española porque ata setembro non comezan as tarefas académicas anuais…
É probable que durante agosto esta casiña virtual quede de novo abandonada pero a partir de setembro haberá que dotala de vida, dándolle a inxección que merece…esa EPO que agora toma “Canteira” que se fose ciclista estaría expulsado da competición pero como ronda a xubilación, aí
non sancionan a ninguén…
Un saúdo a todos e ata a próxima nova… que teñades un bo Pardiñas, Albariño, San Roque, Caralampio ou a festa que frecuentedes nestas datas tan típicas de barullo…
Un saúdo comunidade!
Xurxo Otero.