The Neverending Story…por momentos!
Posted on Marzo 15th, 2009 in Fotos, Música | 3 Comments »
Acabo de chegar da Festa do Queixo 09 de Arzúa e máis concretamente de asistir ao concerto de Vestusta Morla.

Que vou dicir do concerto? Pois, nin fu nin fa. Tivo momentos dentro do que podamos dicir “momentos” cando un grupo só ten 1 disco…e se o tipo de música é o “pop” que toca esta banda, xa che pode gustar ben ou saber as letras das cancións porque aburría un pouquiño…pero xa digo, por momentos!!! ![]()
Al menos alí estaba Pauliña e Amboeich para matar eses intres nos que un pensa en sair a tomar algo ao bar máis cercano e fora da multitude…
Pero bueno, foron 2h que desconectei de Melide, falei con uns cuantos veciños da vila á que represento no Clube de Natación, e despedinme de Kelalo por uns 15 días onde irei a ver mundo. Europe is living a celebration because Xurxo is coming…Get ready Italy and France!!!
Dentro de gustar ou non do estilo de música desta banda o que máis me chamou a atención foi a orixe do nome pois fai referencia a un clásico da literatura infantil e por ende, a un tal Michael ![]()

Aquí vos deixo probas gráficas e sonoras sobre esta nova formación española para aquel que non os coñeza(como era o meu caso) e quen xa o faga, poda pasar uns minutos agradables….
Vestusta Morla Festa do Queixo Arzúa 2009


