Xa van 26 edicións adicadas ao líquido elemento, sangue do señor e enerxía de moitos pero como non podía ser doutro xeito, Paco Cidre, meu flat-mate, convidounos a descubrir os bos productos da súa zona…e a verdade é que non defraudaron…
Se ben o normal era ter asistido con toda a marabunta do sábado e domingo, nós fomos á vila do interior galego o venres 6 de Marzo.
O noso primeiro destino: Churrasco Casa Pepe no concello do Saviñao (Codornices, churrasco “a dolor”, postres e cafés=12€/persoa  para todo o demáis, Mastercard!)
Im-Presionante!!!! Despois deixamos aos nenos na casa e saímos á zona de Pubs. Era a primeira vez que saía de noite pola vila e en vésperas do grande ainda había ben xente. Moitos mozos de instituto pero bueno…Gustoume o ratiño que pasamos antes de voltar para Melide a iso das 3:30am
Moitas grazas Paco por un Venres “diferente” e ameno… Que non sexa o derradeiro!
Un saúdo,
Xurxiño.
Marzo 2009                             1ª Edición Ano 1983