Slumdog Millionaire…
Posted on Marzo 9th, 2009 in Fotos, Tv |

Xa fai case un mes que meu irmán conseguiu unha copia do filme que arrasou nos Óscar 2009. Meu brother aconselloume ver a película porque lle resultou ben entretida. Días despois a miña Xefa de Departamento, tras pasarlle unha copia, aconselloume que a vira pero como estaban aí os carnavais e toda a Festa que me gusta, decidín pospoñer o día no que ver o filme, ata “hoxe-onte” (comecei a vela ás 20:40h de onte domingo e acabei hoxe luns 00:30h) A verdade é que mereceu a pena as 2h de filme.
Non vou dicir de que vai, para iso xa está internet, simplemente vos animo a que a vexades porque de seguro que iredes a pasar un bo rato…
Facía ben tempo que non vía unha peli na casa pero esta semana divertinme coa doble sesión: o xoves pasado Hellboy na Tvg (pensei que habería unha dobraxe máis cañeira) e hoxe esta… Pode que comece a recuperar un pouco o tempo perdido no que ao mundo da sétima arte se refire e pase máis tempo estes días vendo pelis na casa…Non sei… Mentras o penso, conseguide esta peli e botádelle un vistazo…xa me diredes!!!!!!!!
PD: It’s written…
Xurxiño.
One Response
Xa sabía eu que ías gustar da película.