Archive for Xullo, 2009

Be Tinto my Friend…

Posted on Xullo 29th, 2009 in Caralladas, Saúdos, Tv | No Comments »

Xa se fixera famoso o anuncio con Bruce Lee de Be water my friend… encántame a parodia feita por Vaya Semanita… Xa sei que é vello e ten moito tempo pero como onte estiven falando con Borja (compañeiro en Verín) pois veume á cabeza cando me fixo a suxerencia deste video na sala de profesores xa fai meses… Agora que estamos no verán, ainda que non o pareza, e é típico iso do “Tinto de Verano”, aquí vos queda unha suxerencia sobre o qué facer co líquido vermello…

Control de Alcoholemia…

Posted on Xullo 29th, 2009 in Caralladas, Tv | No Comments »

Recórdame á noite de xoves 11 de Xuño cando Eliseo, saindo de Allariz da Festa do Boi, sacou o seu alcoholímetro da “luveira” do coche para saber se daba positivo…
Nós ao estilo galego, os de “Vaya Semanita”, ao estilo éuscaro, claro…

Ice Age 3 de promoción polo Brasil…

Posted on Xullo 29th, 2009 in Caralladas, Fotos, Tv | No Comments »

A terceira parte da Saga Ice Age tenta gañar seguidores no pais sudamericano. Scratch será entrevistado por Tobby, o reporteiro “crack” da Charges.com, sacando o mellor que leva dentro…
Merece a pena escoitalo…

scratch

Shaquille O’Neal na WWE…

Posted on Xullo 28th, 2009 in Caralladas | No Comments »

Quedei sorprendido ao ver a Shaq Attack facendo parte do show da WWE pero sempre souben que este tío é un carallán, a pesar de todo o que publican das relacións profesionais… Moi ben a entrada en micrófono para provocalo con Kobe Bryant…o resto pois cargade o video e podedes rir un cachiño…

Novas Residencias…

Posted on Xullo 28th, 2009 in Caralladas | No Comments »

Porque os tempos cambian, agora as residencias non son só para os maiores…Moi boa esta nova iniciativa…Creo que algún necesita algo así:

Precausión amigho condutor…

Posted on Xullo 18th, 2009 in Caralladas, Música | No Comments »

En febreiro recibín a miña primeira multa en 11 anos xustos e como consecuencia perdín 3 ptos…Nunca andei como un tolo e a verdade é que, co que ando durante o ano, por estatística, algunha multa tiña que caer…pero agora que ando máis atento (ainda!) a un posible radar, quero que me respondan a seguinte pregunta:
Que fago cando chegue a esta vila de Ávila? Que fagoooooooooo?????
Curiosidades da xeografía española, non si??????
:)


Oposicións Mestres 2009 (Inglés) (Notas Definitivas co Baremo Final)

Posted on Xullo 16th, 2009 in Novas | No Comments »


Finalizan as probas da especialidade de Inglés cos resultados que se poden ver na seguinte táboa excel (pódese descargar e ordear de maior a menor, por orde alfabética, etc ainda que pode que haxa erros, claro!) pero espero non terme equivocado moito…
Así pois, parabéns a todos os elexidos (79 primeiros) dos que os 65 primeiros case seguro entran, o resto dependerá das reclamacións… Ánimo para aqueles que non o conseguiron e desexarlles a mellor das sortes para a próxima vez… Xa sei que agora é dificil de asimilar pero eu tamén fun opositor e sei o que é isto… De tódolos xeitos, ánimos para o que non entren definitivamente e…
Congratulations!!!!!!!!!!! para “The Chosen Ones”, especialmente:
1- Pablo Fernández Otero (muxo cousin, muxo cousin, eh!!!!!, Eh!!!!)

2- María Luisa Aller Carou
3- MªIrene Pose Paz
4- MªBelén Mejuto Torreiro (Somos de Millí!)
5- Natalia García Ríos
6- Susana Nieto Pazos 

Táboa actualizada ás 16:10h do martes 21 de Xullo de 2009.
Nota: (Non me fago responsable dos posibles erros que nela poida haber, os resultados aquí expostos son de carácter informativo)
Só espero non terme equivocado.

Poniéndome Malo…

Posted on Xullo 14th, 2009 in Caralladas, Música | 1 Comment »

Cachondísima versión do tema de Marta Sánchez e Baute…

Como abrir un plátano correctamente…

Posted on Xullo 10th, 2009 in Caralladas | No Comments »

Pois mira que cando era pequeno comín uns cantos destes…e sempre facía o que explica este mozo eiquí, abríaos por onde non debía… Pero quixera saber realmente cantos de vós os abríchedes como se ve no video… cantos?
Pode que sexa moi vello isto, si, que os macacos xa o facían así desde sempre, pero non che vin moitos humanos imitándoos 

:)

6 anos depois…Todos querem ver a Greta !!!

Posted on Xullo 8th, 2009 in Caralladas | No Comments »

AGORA SIM !!!! Voltei ao Blog despois de telo máis do que abandonado…voltei tamén de Berlín e como estaremos tranquis por eiquí no verán, pois irei renovando de novas esta páxina que nen se lembraba de min… Curiosidades da vida, onte con Martiño na Fundación comenteille o caso de Cosme Pombo (antigo compañeiro en Sárria) que me falara no ano 2003-2004, choveu xa, dunha canción curiosa que escoitara un día en Portugal estando de excursión…
El me comentaba que dicia algo de “todos queren ver a greta que tremenda sensaçao”…e buscando e buscando mira quen ía ser o protagonista da canción; non podía ser outro, o mesmísimo, o inconfundible: Quim Barreiros !!!!  Nunha homenaxe á grande artista, el quixo facer esta canción na súa honra, e de paso, solucionounos unha incógnita que, polo menos eu, levaba na miña cabeza desde o día que me comentara a letra curiosa da canción… Esta primeira noticia de volta ao “virtualismo” é dedicada para ti Cosme, o Crack do Incio, Alalaleiro: que ben che vin eu na TVG: Condanado!!!!!!!!  Disfruta coa canción meu amigho.