6 anos depois…Todos querem ver a Greta !!!
Posted on Julio 8th, 2009 in Caralladas |
AGORA SIM !!!! Voltei ao Blog despois de telo máis do que abandonado…voltei tamén de Berlín e como estaremos tranquis por eiquí no verán, pois irei renovando de novas esta páxina que nen se lembraba de min… Curiosidades da vida, onte con Martiño na Fundación comenteille o caso de Cosme Pombo (antigo compañeiro en Sárria) que me falara no ano 2003-2004, choveu xa, dunha canción curiosa que escoitara un día en Portugal estando de excursión…
El me comentaba que dicia algo de “todos queren ver a greta que tremenda sensaçao”…e buscando e buscando mira quen ía ser o protagonista da canción; non podía ser outro, o mesmísimo, o inconfundible: Quim Barreiros !!!! Nunha homenaxe á grande artista, el quixo facer esta canción na súa honra, e de paso, solucionounos unha incógnita que, polo menos eu, levaba na miña cabeza desde o día que me comentara a letra curiosa da canción… Esta primeira noticia de volta ao “virtualismo” é dedicada para ti Cosme, o Crack do Incio, Alalaleiro: que ben che vin eu na TVG: Condanado!!!!!!!! Disfruta coa canción meu amigho.
