Archive for Agosto, 2009

Un alien entre nós…

Posted on Agosto 21st, 2009 in Fotos, Novas, Tv | No Comments »

Usain Bolt acaba de batir tódolos rexistros establecidos ata hoxe nas carreiras de velocidade (100m e 200m) e deixando entrever que ainda pode facer mellores tempos…
A pregunta que se están a facer os expertos de ata onde chega o limite humano, neste xamaicano parece non obter resposta.
Iso é moi bo para todos, para o atletismo e para os espectadores que cada vez que vexan a este home permanecerán á expectativa dunha posible nova marca mundial…
Eu só podo dicir dúas cousas: IM-PRESIONANTE !!!

Para quen non o puido ver en directo, aquí vos deixo as dúas carreiras do “novo” astro da velocidade…

Carreira 100m Mundiais Berlin 2009



Carreira 200m Mundiais Berlin 2009



Berlin, June 2009: Das ist gut de qualitat!!!

Posted on Agosto 11th, 2009 in Fotos, Música | No Comments »

Aquí quedan as montaxes dos 5 días na capital teutona onde os 4 xinetes da Apocalipse: Kelalo, Xabier, Tommie e un sevidor nos divertimos a esgalla e disfrutamos de cada situación emerxente, que non foron poucas, e que realmente mereceron moito a pena…
Video 01

Video 02

Video 03

Video 04

Video 05

Compostela belongs to The Boss… just for one day! :)

Posted on Agosto 2nd, 2009 in Fotos, Música, Saúdos | No Comments »

Recén chegado de Celanova (A Ramallosa) e Ourense (sábado á noite) marcho xa para Santiago a ver ao Boss…Xefe, se en Bilbao comezaches con “Desde Santurce a Bilbao” a ver se nos sorprendes na capital galega con “A Rianxeira” ou quen sabe…
Let the show begin !!!!!!!!!!!