E non vai sen tempo…
Posted on Octubre 22nd, 2009 in Novas, Saúdos |
Despois de pasarme un ano viaxando por Europa adiante entre Marzo e Agosto, a verdade é que deixei de lado o meu blog. Non me apetecía moito poñer cousas nel e un blog non merece iso, pero aí estou eu para castigalo…
Supoño que desde hoxe ata o final do curso 2010 espero poñer novidades e todo tipo de bromas e novas típicas de quen escribe estas palabras… Só desexo non deixar tanto tempo entre unha publicación e a outra e de ser así, pídolles perdón a aqueles que de vez en cando revisan os blogs dos colegas…
Así que aí vou eu, de volta ao chollo virtual tentando que botedes unhas risas ou que pasedes un bo ratiño cada vez que olledes “cousiñas” neste Xurxo.net
Un saúdo a todos e sabede que…
