Mércores 16 de decembro de 2009. Facía moito frío. Fóra, primeira nevarada “potentilla” do curso 2009-2010. Manolo e Eu decidimos chamar a ”Jessie” James para que nos acompañe á montaña.
Primeira parada: Churrería. Almorzamos ben: chocolatiño negro con 4 porras para quentar o corpiño antes do ascenso a Vilardevós.
Última parada Vladivostok, digo, Soutochao.
Preparadiños subimos ao coche… Desde a rotonda de Sousas, todo nevado.
Por sorte non precisamos as cadeas.
Resultado: Intactos en Soutochao (A Cidadella) e a paisaxe: incrible !!!
Aquí vos deixo a proba dun día no que si que me gustou madrugar…