Esta fin de semana pasei 1 día polas terras do Val Miñor compaxinando Vilanova de Cerveira (Portugal) con A Guardia. O curioso foi cando me atopo un rapaz en Cerveira que me coñecía…Eu dixen que non podía ser, ou si, vamos, pero que me resultaba difícil de crer. Este díxome: si home, ti fixeches 2 gardas na miña clase cando estabas no IES A Sangriña e chámaste Xurxo!!! Joder!!!! Que crack !!!!! Despois de experiencias inolvidables: coñecer a Dulce Pontes dun xeito curioso, 1ª viaxe a Brasil en 2002 e uns pasaxeiros de campionato, unha viaxe a Roma cunhas señoras de Foz e Ribadeo que deron que falar, etc.
Eu case me quedo con esto. :)
Despois do “susto” inicial, o rapaz comezou a falar con nós e explicounos que estivera no Diario de Patricia tentando reconciliar a dúas amigas súas…Non o puiden evitar e nada máis chegar a casa díxenme que a este rapaz lle facía un sitio no blog.
Grazas home por lembrarte de min, deixáchesme realmente abraiado 4 anos despois…

Parte 01

Parte 02

Parte 03