Menudas vacacións que levamos. Desde o pasado 21 de decembro de 2009 ata hoxe podemos dicir que apenas houbo un día “decente”. Se non foi a chuvia ou o vento, é o frío e a neve. Para mostra, este video que acabo de gravar fai 10 minutos (16:45h) co meu móbil desde a terraza da miña casa en Melide. Xa dicían que sería a noite máis fría do ano. Cando me levantei ás 11am facía -2ºC así que supoño que de madrugada debeulle chegar…
En fin, que mañá reanúdase o curso e a ver se damos chegado a Verín.
Un saúdo.