Archive for Febrero, 2010

Rexeitado…

Posted on Febrero 26th, 2010 in Caralladas | No Comments »

Porque ás veces pensamos neses debuxos nas paredes dos baños…moitos deles son curiosos, outros, sen xeito, e algúns como este, peculiares. Xa sabedes, usade “a cabeciña” e así, non seredes “rexeitados” en certos momentos…

Estritis Integral…

Posted on Febrero 26th, 2010 in Caralladas | No Comments »

Aquí tedes seguramente o stritis máis completo que verán endexamáis os vosos ollos…
Hummmm…Completísimo, si señor !!!!

Porque a vida pode ser marabillosa…

Posted on Febrero 24th, 2010 in Fotos, Saúdos | No Comments »

…e con Andrés Montes os comentarios de fútbol ou baloncesto eran, simplemente, marabillosos, diferentes, graciosos, divertidos…
Xa é a segunda ou terceira vez que me disfrazo de “ti” pero este 2010 quería facerche unha homenaxe ben merecida. Desde donde queira que esteas, recibe un abrazo con todo o cariño dun seguidor teu.
Verín 2010 (Xoves Comadres ás 14h)

Monterrei Xaneiro 2010

Posted on Febrero 21st, 2010 in Fotos, Saúdos | No Comments »

Aproveitando un “bandullo” no Candil nas vésperas do Carnaval, o quinteto: Rebeca, Carlos, Gestal, Marzoa, Xurxo decidimos visitar parte do Patrimonio Cultural do Concello de Monterrei. O día non estaba moi bon pero a visitiña mereceu ben a pena… Va que si !!!! Espero que as fotos sexan do voso agrado.
Na que saimos todos está borrosiña pero que lle imos “faguer”  :)
Un saúdo,
Xurxiño.

Javier Veiga en Melide…

Posted on Febrero 8th, 2010 in Caralladas | No Comments »

Entrada Xavier Veiga
Acabo de chegar da Sala 600 de ver a actuación do “groveiro” Javier Veiga e saín bastante contento do “show”. Non porque se metera comigo e me cambiase incluso a “nacionalidade” ( from Brañas) senón porque fixo un monólogo fluido, áxil e divertido. Fala moi rápido pero enténdese todo e sen perder nada desa “RETRANCA” galega ;) (os que o víchedes xa sabedes ao que me refiro).
Acostumado a escoitalo nas canles de ámbito nacional, en castelán, debo dicir que en galego é case mellor que na lingua de Cervantes.
Se tedes oportunidade de ir a velo, ide,  porque eses 12 ou 15€ van merecer a pena.

Para quen non o coñeza, aquí deixo un monólogo de cando traballaba no Clube da Comedia.

Gústavos a NFL ?

Posted on Febrero 7th, 2010 in Caralladas | No Comments »

O Fútbol Americanco no é o meu deporte favorito pero si que me fixo gracia estas montaxes para publicitalo…
Botádelle unha ollada.

Comeza a Festa Ourensá

Posted on Febrero 7th, 2010 in Caralladas, Novas | No Comments »

4 días para o comezo dunha grande festa para todos aqueles que lles gusten os disfraces e pasalo moi ben…
Este ano espero poder disfrutar do Triángulo Máxico Verín-Laza-Xinzo. Primeiro Xoves de Comadres, despois, que sexa o que Deus queira…
Espero vervos por alí, e de seren así, tomaremos algo xuntos.
Un saúdo a tódol@s “Entruideiros”,
Xurxo.

verin-xinzo-laza
Eiquí vos quedan os Programas das 3 Vilas para quen estea interesado en visitalas.
Verín 2010

Xinzo 2010

Laza 2010

Unha centésima de segundo…

Posted on Febrero 3rd, 2010 in Tv | No Comments »

Corto moi interesante sobre o conflicto “israel-palestino” vs o “rol” dos fotógrafos de guerra…
Un asunto curioso e, ao mesmo tempo, cun final “potentillo”.

A danza do canciño…

Posted on Febrero 1st, 2010 in Caralladas | No Comments »

Se xa me sorprendeu unha vez un can coa música de Elvis,
este non se queda atrás. “El Baile del Perrito”  Divertidiño
:)

Porque a Boa Educación xa non se estila…

Posted on Febrero 1st, 2010 in Caralladas, Tv | No Comments »

Casos coma este xa non se ven hoxe en día…unha lástima ;)