Archive for Marzo, 2010

Melide e outras alternativas culturais…

Posted on Marzo 28th, 2010 in Música, Novas | No Comments »

Xa fai un tempiño que volven a estar de “moda” iso dos monólogos e agora en Melide, desde uns meses atrás, hai competencia para iso.
Somos unha vila pequena mas os venres, a falta dunha cunca de caldo, temos catro: 1- A Fundación, 2- Sala 600,  3- Pub Gato’s, 4- Cult Room Melide
A falta de locais para diversión, temos “sobredose”. Parece case a canción do “Chiki-chiki” e que cadaquén escolla o número que queira.
Por unha parte está moi ben que haxa tanta elección. Diferentes locais,  ambientes variados, shows alternativos: maxia, música e humor…
O problema é cando hai que tomar decisións, horario próximo entre todos eles; onde ir? Que cada un faga o que queira…
É unha pena que sexa todo en “venres” porque un non é omnipresente pero al menos, temos unha “vidilla” que quén lla dera a moitas
vilas e case “cidades” se temos en conta o número de habitantes que somos. Desde este humilde blog gustaríame loar
esta iniciativa cultural e de ocio para que non morra e continúe porque é moi necesaria. Grazas a tódolos locais da vila por facer o “esforzo”
que sei que, ás veces, é moito!!!!
Un saúdo e xa sabedes que nos vemos en breve…

Queen Revisited 2009

Posted on Marzo 28th, 2010 in Música | No Comments »

Aquí tedes un artigo publicado no pasado mes de Decembro no que fai unha análise da traxectoria desta mítica banda inglesa.
Morriña despois de moito tempo sen ler nada sobre eles…

Gala de Humor por Haití…

Posted on Marzo 22nd, 2010 in Caralladas | No Comments »

Con unha semana de retraso (a pereza apodérase de min) colgo unha montaxe do que foi un domingo ben divertidiño na Coruña (con soneca de Marzoa incluída)
vendo unha grande cantidade de humoristas “galegos” unidos por unha boa causa…
O monólogo de Pepo Suevos é para botar unhas risas: Grande Pepo!!!
Espero que vos guste.

Xurxo “O Inventor” Edison

Posted on Marzo 20th, 2010 in Caralladas | 1 Comment »

Se chego a vello seica me vou parecer a un grande inventor do pasado…hummm, interesante prosposta :)