Xa fai un tempiño que volven a estar de “moda” iso dos monólogos e agora en Melide, desde uns meses atrás, hai competencia para iso.
Somos unha vila pequena mas os venres, a falta dunha cunca de caldo, temos catro: 1- A Fundación, 2- Sala 600,  3- Pub Gato’s, 4- Cult Room Melide
A falta de locais para diversión, temos “sobredose”. Parece case a canción do “Chiki-chiki” e que cadaquén escolla o número que queira.
Por unha parte está moi ben que haxa tanta elección. Diferentes locais,  ambientes variados, shows alternativos: maxia, música e humor…
O problema é cando hai que tomar decisións, horario próximo entre todos eles; onde ir? Que cada un faga o que queira…
É unha pena que sexa todo en “venres” porque un non é omnipresente pero al menos, temos unha “vidilla” que quén lla dera a moitas
vilas e case “cidades” se temos en conta o número de habitantes que somos. Desde este humilde blog gustaríame loar
esta iniciativa cultural e de ocio para que non morra e continúe porque é moi necesaria. Grazas a tódolos locais da vila por facer o “esforzo”
que sei que, ás veces, é moito!!!!
Un saúdo e xa sabedes que nos vemos en breve…