Archive for Abril, 2010

Aíd Live que non Live Aid pero “Axuda”…

Posted on Abril 19th, 2010 in Fotos, Música | 1 Comment »

Se Bob Geldof fora o organizor daquel macro concerto do ‘85, repetido posteriormente en 2005 baixo o nome Live 8 co fin de recaudar diñeiro para axudar (Aid) a África, Miguel Prado tróuxonos a Aíd, unha cantante noviña, locuaz, fresca e guapa que “axudou” a pasar un venres pola noite moi ameno na Sala600 de Melide.
Non puiden asistir nin á Fundación nin ao Gato’s porque tiña que madrugar o sábado pero o “hip-hop” de Aida mereceu a pena.
É un estilo que me leva a comezos dos 90, Fresh Prince, e todo iso;pero a rapaza faino moi ben: en galego tamén!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aconsello a todo aquel que teña a oportunidade de vela “Ao Vivo” que o faga, será un tempo ben empregado: de seguro!

MPB Vol.01: Cássia Eller

Posted on Abril 1st, 2010 in Música | 1 Comment »


Cássia Rejane Eller (Río de Janeiro, 10 Dez 1962 —29 Dez 2001)
Foi unha cantante e guitarrista de rock brasileira. Caracterizábaa a súa voz grave. Como compositora o seu traballo limítase só a dúas cancións: “Eles” e “O Marginal”.
Asumindo unha postura de intérprete reviviu pezas de grandes compositores do rock brasileiro, como Renato Russo e Cazuza, tamén artistas da MPB como Caetano Veloso ou Chico Buarque, pasando polo pop de Nando Reis e o pouco común Arrigo Barnabé e Wally Salomão, ata os sambas de Riachão e pezas clásicas do rock de Jimi Hendrix, Beatles e Nirvana. Vale a pena destacar que grabou dous discos en homenaxe a Cazuza, un deles só con cancións del e co título “Veneno Antimonotonía” extraído da letra da canción de Cazuza, “Todo amor que houver nessa vida”. Tiña predilección polas grabacións en directo (“ao vivo”) onde se sentía como peixe na auga.
O seu concerto “Acústico” na MTV é un bo arquivo tanto para mostrarnos o mellor da súa carreira como para darnos a coñocer o seu amor polo escenario. Nel, pódense escoitar unha magnífica interpretación de Non, Je ne Regrette Rien.
Era homosexual, viviu os últimos 14 anos da súa vida co seu fillo, Francisco (chamado cariñosamente Chicão) e a súa muller, María Eugênia Vieira Martins. Cando faleceu a cantante, a súa muller pediu a custodia do neno. Concedéuselle despois de que Altair Eller, o avó do rapaz, renunciara a ela. Foi un caso que revolucionou a sociedade brasileira e sentou precedente sobre as parellas homosexuais e a custodia dos fillos tralo falecemento dun dos cónxuxes. Cássia tivo moitos problemas co alcohol e as drogas, pero levaba perto de tres anos rehabilitada. Faleceu o 29 de diciembre de 2001 despois de sufrir tres paros cardíacos consecutivos. “Apuntouse” morte por error médico despois de que na autopsia fora descartada a hipótese inicial de “morte por sobredose”.


Por Enquanto

Nós


Com Você Meu Mundo Ficaria Completo

De Esquina

Je Ne Regrette Rien

Smells Like Teen Spirit

MPB no Xurxo.net

Posted on Abril 1st, 2010 in Música, Novas | No Comments »

BrazilianFlagEye
A música brasileira é moi pouco coñecida na sociedade española en xeral. Só unha minoría coñece realmente toda a variedade musical que oferta un dos países máis grandes do mundo. Se preguntásemos a alguén se coñece algunha canción de Brasil seguramente conteste: - “A copa do mundo é nossa..” ou  “Brasil, naránaránaránará”!!! ou “Olha que coisa máis linda…” Tamén dirían que coñecen a Gilberto Gil, Caetano Veloso, Carlinhos Brown ou aos Tribalistas… Desde a miña páxina gustaríame mostrar, a aqueles que lles interese, algo máis ca Samba ou Bossa Nova, estilos asociados (aquí en España e pode que en Europa ou resto do mundo)  coa música brasileira.
Colgarei breves biografías e cancións dos artistas brasileiros que máis me gustan. Tentarei mostrar un abano máis que amplo e espero que sorprenda, positivamente, a máis de un. É posible que non trate todo tipo de estilos existentes mas só espero achegar á xente unhas músicas que seguramente son descoñecidas pero que eu considero máis que interesantes.

guitar of brazil