BrazilianFlagEye
A música brasileira é moi pouco coñecida na sociedade española en xeral. Só unha minoría coñece realmente toda a variedade musical que oferta un dos países máis grandes do mundo. Se preguntásemos a alguén se coñece algunha canción de Brasil seguramente conteste: – “A copa do mundo é nossa..” ou  “Brasil, naránaránaránará”!!! ou “Olha que coisa máis linda…” Tamén dirían que coñecen a Gilberto Gil, Caetano Veloso, Carlinhos Brown ou aos Tribalistas… Desde a miña páxina gustaríame mostrar, a aqueles que lles interese, algo máis ca Samba ou Bossa Nova, estilos asociados (aquí en España e pode que en Europa ou resto do mundo)  coa música brasileira.
Colgarei breves biografías e cancións dos artistas brasileiros que máis me gustan. Tentarei mostrar un abano máis que amplo e espero que sorprenda, positivamente, a máis de un. É posible que non trate todo tipo de estilos existentes mas só espero achegar á xente unhas músicas que seguramente son descoñecidas pero que eu considero máis que interesantes.

guitar of brazil