MPB Vol.01: Cássia Eller
Posted on Abril 1st, 2010 in Música |
Cássia Rejane Eller (Río de Janeiro, 10 Dez 1962 —29 Dez 2001)
Foi unha cantante e guitarrista de rock brasileira. Caracterizábaa a súa voz grave. Como compositora o seu traballo limítase só a dúas cancións: “Eles” e “O Marginal”.
Asumindo unha postura de intérprete reviviu pezas de grandes compositores do rock brasileiro, como Renato Russo e Cazuza, tamén artistas da MPB como Caetano Veloso ou Chico Buarque, pasando polo pop de Nando Reis e o pouco común Arrigo Barnabé e Wally Salomão, ata os sambas de Riachão e pezas clásicas do rock de Jimi Hendrix, Beatles e Nirvana. Vale a pena destacar que grabou dous discos en homenaxe a Cazuza, un deles só con cancións del e co título “Veneno Antimonotonía” extraído da letra da canción de Cazuza, “Todo amor que houver nessa vida”. Tiña predilección polas grabacións en directo (“ao vivo”) onde se sentía como peixe na auga.
O seu concerto “Acústico” na MTV é un bo arquivo tanto para mostrarnos o mellor da súa carreira como para darnos a coñocer o seu amor polo escenario. Nel, pódense escoitar unha magnífica interpretación de Non, Je ne Regrette Rien.
Era homosexual, viviu os últimos 14 anos da súa vida co seu fillo, Francisco (chamado cariñosamente Chicão) e a súa muller, María Eugênia Vieira Martins. Cando faleceu a cantante, a súa muller pediu a custodia do neno. Concedéuselle despois de que Altair Eller, o avó do rapaz, renunciara a ela. Foi un caso que revolucionou a sociedade brasileira e sentou precedente sobre as parellas homosexuais e a custodia dos fillos tralo falecemento dun dos cónxuxes. Cássia tivo moitos problemas co alcohol e as drogas, pero levaba perto de tres anos rehabilitada. Faleceu o 29 de diciembre de 2001 despois de sufrir tres paros cardíacos consecutivos. “Apuntouse” morte por error médico despois de que na autopsia fora descartada a hipótese inicial de “morte por sobredose”.
Por Enquanto
Nós
Com Você Meu Mundo Ficaria Completo
De Esquina
Je Ne Regrette Rien
Smells Like Teen Spirit
One Response
moita casia eller, “Agora eu vou cantar pros miseráveis….”, saúdos companheiro ¡¡¡¡
#4.C.B Melide