Porque ás veces pensamos neses debuxos nas paredes dos baños…moitos deles son curiosos, outros, sen xeito, e algúns como este, peculiares. Xa sabedes, usade “a cabeciña” e así, non seredes “rexeitados” en certos momentos…
Acabo de chegar da Sala 600 de ver a actuación do “groveiro” Javier Veiga e saín bastante contento do “show”. Non porque se metera comigo e me cambiase incluso a “nacionalidade” ( from Brañas) senón porque fixo un monólogo fluido, áxil e divertido. Fala moi rápido pero enténdese todo e sen perder nada desa “RETRANCA” galega (os que o víchedes xa sabedes ao que me refiro).
Acostumado a escoitalo nas canles de ámbito nacional, en castelán, debo dicir que en galego é case mellor que na lingua de Cervantes.
Se tedes oportunidade de ir a velo, ide, porque eses 12 ou 15€ van merecer a pena. Para quen non o coñeza, aquí deixo un monólogo de cando traballaba no Clube da Comedia.
4 días para o comezo dunha grande festa para todos aqueles que lles gusten os disfraces e pasalo moi ben…
Este ano espero poder disfrutar do Triángulo Máxico Verín-Laza-Xinzo. Primeiro Xoves de Comadres, despois, que sexa o que Deus queira…
Espero vervos por alí, e de seren así, tomaremos algo xuntos.
Un saúdo a tódol@s “Entruideiros”,
Xurxo. Eiquí vos quedan os Programas das 3 Vilas para quen estea interesado en visitalas. Verín 2010
Faltan 5 días para Xoves de Compadres, Verín comeza as súas “Festas Grandes”. Estes días estou indo a correr polas noites e os “Cigarróns” ensaian coas súas chocas para aguantar un “mes” de loucura que, se no baloncesto universitario norteamericano (NCAA) chaman “March Madness”, este ano aquí deberíano denominar “February Madness”… Non hai xa hospedaxe libre na vila así que como tódolos anos a Festa promete. O Hostal Royal Manzanares está case todo listo… De momento déixovos o Cartel deste ano e o Programa para os próximos días…
Os funcionarios da Xunta en San Caetano xa encontraron a mellor maneira de despedirse os venres e comezar ainda mellor a fin de semana…
Agora ensaian para a Banda da Xunta que arrasará nas Festas Populares neste Verán 2010. Tocarán gratis en tódalas vilas por iso da Austeridade!!!!
Interesante oferta sería esa Señor Feijóo