Cando se mostran enquisas na rúa sobre coñecemento xeral normalmente póñense os “erros” non os “acertos”, e claro, dá lugar a suspicacias, comentarios, risas, que están moi ben, pero non reflicten a realidade dun país. Con isto quero dicir que os USA non son tan tontos como parecen ou semellan (ainda que o pensemos…) e para que vexades, unha enquisa moi parecida, levárona a cabo en diferentes paises e o resultado non é moi diferentes aos Ianquis.
Así que veña, a rir un pouquiño pero a respectar a todos por igual, que nunca saberemos cando nos pillarán na rúa contestando unhas desas, e se cadra, levamos unha sorpresa !!!!!
USA
Británicos
Alemáns
Brasileños
Un tipo moi particular que se chama David Armand fai versións “Mimo” de cancións famosas. Como teño ganas de botar unhas risas, aquí vos deixo dúas versións ben paveras deste “crack”. Espero que vos guste!
Torn [Natalie Imbruglia]
Don´t Look Back in Anger [Oasis]
Como sacar proveito e humor dunha palabra ben fea en inglés. Mirade que o “uso” varia ostensiblemente… Xa é moi vello este video pero cada vez que vou ao estranxeiro, vénme á cabeza “palabrotas” en inglés, por iso de ser o primeiro que se aprende nas linguas estranxeiras…A min paréceme boísimo o video. Pode ser que os autores teñan o 100% da culpa, claro !!!!
Se vos fixades, o presidente galo fai demasiados acenos cando fala en público. Se non sabiades o porqué, aqui tedes a resposta…

Porque o difícil pode facerse realidade…(baseado nun feito real!)
Xa temos o novo logo no caso de que Madrid decidise presentarse ás Olimpiadas que se irán celebrar dentro de case 10.
En fin, só espero que España non siga gastando tanto diñeiro para finalmente quedarse en nada…

Xa se fixera famoso o anuncio con Bruce Lee de Be water my friend… encántame a parodia feita por Vaya Semanita… Xa sei que é vello e ten moito tempo pero como onte estiven falando con Borja (compañeiro en Verín) pois veume á cabeza cando me fixo a suxerencia deste video na sala de profesores xa fai meses… Agora que estamos no verán, ainda que non o pareza, e é típico iso do “Tinto de Verano”, aquí vos queda unha suxerencia sobre o qué facer co líquido vermello…
Recórdame á noite de xoves 11 de Xuño cando Eliseo, saindo de Allariz da Festa do Boi, sacou o seu alcoholímetro da “luveira” do coche para saber se daba positivo…
Nós ao estilo galego, os de “Vaya Semanita”, ao estilo éuscaro, claro…
A terceira parte da Saga Ice Age tenta gañar seguidores no pais sudamericano. Scratch será entrevistado por Tobby, o reporteiro “crack” da Charges.com, sacando o mellor que leva dentro…
Merece a pena escoitalo…

Quedei sorprendido ao ver a Shaq Attack facendo parte do show da WWE pero sempre souben que este tío é un carallán, a pesar de todo o que publican das relacións profesionais… Moi ben a entrada en micrófono para provocalo con Kobe Bryant…o resto pois cargade o video e podedes rir un cachiño…