Acabo de chegar da Festa do Queixo 09 de Arzúa e máis concretamente de asistir ao concerto de Vestusta Morla.
Que vou dicir do concerto? Pois, nin fu nin fa. Tivo momentos dentro do que podamos dicir “momentos” cando un grupo só ten 1 disco…e se o tipo de música é o “pop” que toca esta banda, xa che pode gustar ben ou saber as letras das cancións porque aburría un pouquiño…pero xa digo, por momentos!!!
Al menos alí estaba Pauliña e Amboeich para matar eses intres nos que un pensa en sair a tomar algo ao bar máis cercano e fora da multitude…
Pero bueno, foron 2h que desconectei de Melide, falei con uns cuantos veciños da vila á que represento no Clube de Natación, e despedinme de Kelalo por uns 15 días onde irei a ver mundo. Europe is living a celebration because Xurxo is coming…Get ready Italy and France!!! Dentro de gustar ou non do estilo de música desta banda o que máis me chamou a atención foi a orixe do nome pois fai referencia a un clásico da literatura infantil e por ende, a un tal Michael
Aquí vos deixo probas gráficas e sonoras sobre esta nova formación española para aquel que non os coñeza(como era o meu caso) e quen xa o faga, poda pasar uns minutos agradables….
Vestusta Morla Festa do Queixo Arzúa 2009
Pasados os Carnavais de 2009 quedoume a experiencia de vivir varios momentos: o Xoves de Compadres, o Xoves de Comadres e un proceso ben curioso que tivo lugar na Cafetería Nelson sita no IES García Barbón de Verín. Nin máis nin menos que ver, paso a paso, como se viste un personaxe típico da “Terra do Támega” e da “Festa da Carne” : O Cigarrón
Nelson brindouse a que lle fose tirando fotos a medida que se ía vestindo e así é como quedou o produto final…Espero que vos guste!
Melide 2009, Carnaval. Festa do ano onde a xente tenta comer carne no sentido máis amplo da palabra…e como non podía ser menos Kelalo,Xabi e Xurxo transformaron os seus corpos para “dar unha volta polo lado salvaxe” e disfrutar dunha noite de sábado para lembrar…
Un biquiño bonitiñas e xa nos veremos o próximo ano subidas nas Harleys…
Xa fai case un mes que meu irmán conseguiu unha copia do filme que arrasou nos Óscar 2009. Meu brother aconselloume ver a película porque lle resultou ben entretida. Días despois a miña Xefa de Departamento, tras pasarlle unha copia, aconselloume que a vira pero como estaban aí os carnavais e toda a Festa que me gusta, decidín pospoñer o día no que ver o filme, ata “hoxe-onte” (comecei a vela ás 20:40h de onte domingo e acabei hoxe luns 00:30h) A verdade é que mereceu a pena as 2h de filme.
Non vou dicir de que vai, para iso xa está internet, simplemente vos animo a que a vexades porque de seguro que iredes a pasar un bo rato…
Facía ben tempo que non vía unha peli na casa pero esta semana divertinme coa doble sesión: o xoves pasado Hellboy na Tvg (pensei que habería unha dobraxe máis cañeira) e hoxe esta… Pode que comece a recuperar un pouco o tempo perdido no que ao mundo da sétima arte se refire e pase máis tempo estes días vendo pelis na casa…Non sei… Mentras o penso, conseguide esta peli e botádelle un vistazo…xa me diredes!!!!!!!!
Xa van 26 edicións adicadas ao líquido elemento, sangue do señor e enerxía de moitos pero como non podía ser doutro xeito, Paco Cidre, meu flat-mate, convidounos a descubrir os bos productos da súa zona…e a verdade é que non defraudaron…
Se ben o normal era ter asistido con toda a marabunta do sábado e domingo, nós fomos á vila do interior galego o venres 6 de Marzo.
O noso primeiro destino: Churrasco Casa Pepe no concello do Saviñao (Codornices, churrasco “a dolor”, postres e cafés=12€/persoa para todo o demáis, Mastercard!)
Im-Presionante!!!! Despois deixamos aos nenos na casa e saímos á zona de Pubs. Era a primeira vez que saía de noite pola vila e en vésperas do grande ainda había ben xente. Moitos mozos de instituto pero bueno…Gustoume o ratiño que pasamos antes de voltar para Melide a iso das 3:30am
Moitas grazas Paco por un Venres “diferente” e ameno… Que non sexa o derradeiro!
Un saúdo,
Xurxiño.
Marzo 2009 1ª Edición Ano 1983
Batista anda solto…deixou a WWE e agora adícase a defender as cores do CN Arzúa… Que perigo, meu deus!!! Aquí tedes a mostra da súa raiba…
Que se preparen todos os seus rivais porque a Fera anda Solta!!!
Non é unha banda de música senón os mellores “bracistas” do mundo
Andrea, Xurxo e Sara forman este trío do Clube Natación Arzúa. Faltaría Xosé Ramón(detrás na foto), que nese intre estaba a discutir cos compañeiros o canchondas que eras as xuízas, para formar:
“O Cuarteto da Morte” a.k.a. “The Killing Quartet”
Os mellores na modalidade de braza e que na próxima proba en Xove (Lugo) darán o máximo para facer que Arzúa poida permanecer na 2ª división da Liga Galega de Clubes…
Un biquiño para as dúas e un abrazo ben forte para X.Ramón e todo o equipo!!!
Mira que saíches ghuapiño na foto…de que estarías a rir condanado? Un saúdo e os meus parabéns, my friend!
La Voz de Galicia (edición Monforte 11/02/2009)
“Las mejores miradas son de fuera
Muchas veces son los de fuera los que capturan más rápido lo más característico de un lugar. Algo así parece haber pasado en el concurso de fotografía organizado por la asociación de municipios Galicia Central, que busca imágenes originales de Monforte, Lalín, Melide y Arzúa. Ayer se entregaba en Monforte el cheque de 500 euros correspondiente a la mejor fotografía captada en esta ciudad. El premio se lo llevó un fotógrafo de Melide, Gerardo Porto Laya , que escogió como marco el tramo del Cabe más próximo al puente viejo. El premio se lo entregaron la concejala de Cultura, Alicia Cadarso , y el alcalde, Severino Rodríguez . Pues bien, adivinen de dónde es el fotógrafo que recogerá en Melide, cuando toque, el premio a la mejor fotografía de esta localidad coruñesa. Efectivamente, de Monforte. Es Guillermo Rodríguez , que retrató a un grupo de peregrinos descansando de la caminata nada más llegar a Melide. Lo dicho, a veces es mejor ser de fuera para proponer una mirada distinta.
Nada mejor para practicar un idioma que mezclarse con quienes lo hablan. Con esta máxima indiscutible, el departamento de francés del instituto monfortino Daviña Rey lleva tiempo organizando excursiones a países francófonos para sus alumnos. El profesor Migual Cumbraos nos cuenta que ya tienen preparada la siguiente. El día 16, un grupo de 23 estudiantes se marcharán a Bélgica acompañados por tres profesores. Saldrán del aeropuerto de Santiago y volarán hasta Bruselas. El día 17 asistirán a un pleno del Parlamento Europeo y tendrán ocasión de charlar con algunos eurodiputados. Además, visitarán ciudades como Lovaina, Lieja, Gante o Brujas. Entre los excursionistas hay alumnos de tercero y cuarto de ESO y de primero y segundo de bachillerato. Albino Quintero sabe lo suyo de teñidos naturales. Lo están comprobando los asistentes al curso que este artesano empezó a dar ayer en el centro comarcal Expolemos sobre técnicas de teñido a mano. Lo organiza la fundación del Centro de Artesanía e Deseño de Galicia. Están inscritas una decena de personas. Tienen cincuenta horas lectivas por delante. Seguro que les sacan provecho.”
Aquí deixo unha montaxe que preparei coa excusa de poñerme a fuchicar co www.Onetruemedia.com A verdade é que me molou bastante esta páxina para traballar o tratamento de imaxe e video…Unha ferramentiña máis para poder engadir cousas a Youtube, o blog, etc.
Un beixiño para eses catro trastes.
A piques de poder vivir un novo carnaval nas terras do Támega, entróume morriña do ano pasado e acabei colgando o novo cómic que está a arrasar polas terras de Obama…No número deste semana a limpadora e o coelliño convértense en amigos fantásticos…
Un saudiño Luís e ánimo que o xeonllo vai estar listo a tempo para rachar dentro de 10 días…Veña outra 1906!!!