Archive for the ‘Fotos’ Category

Facemos a Ruta 66 este verán?

Posted on Febrero 9th, 2009 in Caralladas, Fotos, Música, Saúdos | No Comments »



Foi só colgar a foto no Facebook e a prestixiosa revista Ianqui Motormania ofreceulle a miña compañeira de traballo Jessica, a oportunidade de saír en portada…
Ela non o dubidou moito e aquí tedes o resultado: Fantástico!
Un saudiño colegui,
Xurxiño.

Festa do Boi 2008

Posted on Mayo 28th, 2008 in Caralladas, Fotos, Novas | No Comments »

Allariz, maio de 2008: Festa do Boi.

Cumplíanse este ano o vixesimoquinto aniversario da festa e a verdade é que esta edición foi ben accidentada.
A un home o boi partíulle a queixada, diferentes caidas, e un muro que se viu abaixo causando danos que puideron ser todavía maiores quedándose “só” en dúas mulleres feridas de “certa gravidade”…(unha rompeu a pelve e a outra escoitei que lle tiveran que amputar 2 dedos da man…)
Caida do muro:

A verdade é que este accidente foi mala sorte porque non era xente que estivese correndo senón que estaban observando, pero como a vida ten estas cousas, en acontecementos así calquera cousa é posible e por desgracia este ano pasou o que pasou…
Estou vendo que un ano vai ser moito peor do que este e han acabar por suspender tanto día de desfase, troula e borracheira…
Eu non baixei nin un só día porque fixo un temporal do carballo e quedeime estudando e todo para iso das opos…pero al menos quédome con unha carreira “virtual” que fixen cos meus amigos de Bilbao que son “la hostia,pues!” e tivemos a coraxe de correr diante mesmiño do boi… Valentes, coraxosos, ousados….vamos que nos quedamos pequenos.
Para mostra un botón. Ollade:

Foto: Irmáns Uriarte e Xurxiño.
PS: Os touros mellor, desde a barreira (e non me refiro ó campo da feira da vila de Allariz)

Boa sorte para 2009!

Carnaval ou Carnabal? (Verín 2008)

Posted on Febrero 8th, 2008 in Fotos, Novas | No Comments »

Sorprendente documento encontrado por min mesmo na aula onde imparto clase. O rapaz en cuestión ten 17 anos e tódolos demáis detalles que puidese dar son irrelevantes. O caso é que esta é unha redacción feita na clase e como lle importaba tan pouco deixouna ata olvidada na aula.
O que me impresionou foi a “grande variedade” de vocabulario e o”final“da historia…
PAVERA! PAVERA! PAVERA!
Aquí deixo unha copia do orixinal e a súa transcrición (algo modificada) embaixo.
A ver que opinades, creo que non ten desperdicio…
http://farm3.static.flickr.com/2202/2250020889_25e25b606a.jpg

 
O Carnabal:
O xoves de comadres comezamos pola maña tirando fariña. Despois  á tarde emborracheime. Á noite emborracheime e ás 11 ou 12 fun dormir e antes fun ca Lucía pa un prado.
O venres lebanteime ás cinco e marcheime pa Verín e emorracheime, á noite e como o día anterior facia frio no prado, fun pa miña casa ca Lucía seguinme emborrachando ás 10 ou as 11 fun dormir. O sabado lebanteime ás 3 e media e fun e seguinme emborrachando, a noite seguinte emborracheime e marchei durmir a casa da miña Lucía.O domingo lebanteime ás 4 e fun segun emborrachandome fun oòs cochitos e as barracas dos chachos a tirar peluches, a metade dos peluches regaleillos a Lucía e a outra metade á louca da mña nai.A noite seguime emborrachandome e fun ca Lucía a dormir pa miña casa.O lunes levanteime ás 2 e comino e, na Lucía, na miña habitación tomamos o postre.Depois fun pa Verín e seguinme emborrachando a noite e igual o final da noite pa non perder a costume marchei po piso do pai da lucia a tomar o postre e durmimos ali.O martes desperteime ás 6 da tarde e fun a cambiarme a casa despois seguinme emborrachando. Á noite seguinme emborranchando , fumei uns porros, posenlle os cornos 5 ou 6 veces á novia e depois fuimos durmnir o piso do pai da  da lucia e volvimos tomar o postre…”

Comentario:
Debemos dicirlle a este rapaz que teña moito coidado porque entre tanto alcol, cigarros, e tanto, tanto postre, a analítica non lle vai dar moi ben… pero que carallo!!!!!
Hai que vivir a vida !!!!!!!!!!!!!!!
VIVA O CARNAVAL !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

C.N. ARZÚA 07-08

Posted on Diciembre 17th, 2007 in Fotos, Novas | 1 Comment »

Aquí vos deixo o logo do clube por si queredes ter unha copia propia. Xa que na internet non aparecen fotos deste icono, encargouse meu irmán Marcus de facer unha fotiño decente para que eu a poidese colgar…

CN Arzúa 01

 

CN ARZÚA 02

READY…SET…GO!!!

Posted on Diciembre 17th, 2007 in Fotos, Novas | No Comments »

Comezou a tempada de natación e Xurxo Otero a.k.a. “A Quenlla Asasina” representa á nosa vila veciña competindo co C.N. Arzúa na Liga Galega de Clubes na súa 3ª división Grupo Par.
Xa van dúas competicións ( As Pedreiras-Lugo e Monforte) e o equipo encabeza a taboa.
De seguir así, espera ascender este ano…
Desde hoxe en diante, irei colgando novidades e fotos do clube e os seus representantes, anécdotas e resultados co fin de manter informados aos visitantes deste blog de todo o relativo á competición acuática na que estamos inmersos.
Arranca a competición positivamente e espero que todo continúe como ata agora, iso serían unhas moi boas novas…  Un saúdo a todos e…
Á auga, parrulos!!!!!

In your marks!

Get Set!

Go!

PD: a.k.a (also known as= tamén coñecido por) para os non moi postos en inglés…

Sé un bo exemplo para os teus fillos…

Posted on Abril 25th, 2007 in Fotos, Tv | 2 Comments »

Os nenos acostuman a imitar aos adultos, ben aos propios pais, ben a quen teñen ao lado…por iso debes ser un bo exemplo para eles dende pequechos para que así tomen conciencia de cómo actuar ou comportarse en determinadas situacións da vida…
Por favor, tenta ser a mellor referenza que un neno poda ter diante…

7 Days Ago…Galiza-Ecuador (1-1)

Posted on Enero 3rd, 2007 in Fotos, Novas, Saúdos | 2 Comments »

De novo a “torcida” melidense facendo barullo no 2º partido oficial da nosa “seleçao” a Ghalegha!!! O peor de todo: Ecuador (Incluindo o gol de falta) e o mellor como non, eses berros de: Sí, Sí, Sí Somos de Millí !!!! (Os seguratas de Prosegur ata a tentaron armar con nós e se non, preguntádelle a Juanjosé de Juanito)
:) :) :) Lamentable o galego falado polo Speaker do Dépor…pero claro, da Coruña espéraste cousas así, qué lle imos facer… O caso foi pasalo ben!
O próximo partido oficial que sexa no campo de herba artificial do CIRE !!!!!!!!!!!!
Un abrazo neno! Quedamos en el Humor??? Buá !!!!!!!!!!!
Xurxo Otero.
bandeira
milli
himno
Galiza-Ecuador

Ghuapismo Serantes…!!!!!!

Posted on Diciembre 19th, 2006 in Caralladas, Fotos, Saúdos | 2 Comments »

Ese Isi, ese Isi eh! eh! Vaia, vaia, ghuapismo, non che teño outra palabra… Uns por París outro por Roma, ai,ai,ai! Que sorte tedes de pasalo bem por terras estranxeiras…
Xa sabedes que aqui tedes un balcón de publicidade gratuita das vosas persoas sempre que queirades darvos a coñecer ao mundo enteiro mundial…
Espero que nos vexamos entre o 26 e o 30 de Decembro,ok? Pasarei por ai cos meu curmáns e así degustamos de novo os frutos tipicos de Ribadumia mesturados cos de Millí!!!
ok??????????????????? Un biquiño e cóidate moito corasón!
:) :) :)

isiroma

Kelalo visita as terras de Baviera…

Posted on Noviembre 19th, 2006 in Caralladas, Fotos, Saúdos | No Comments »

Já faz um mês que Kelalo foi lá mas é agora quando me enviou a foto “tao esperada” por todo nós… Espero que al menos passasse uma boa semana pelas terras bávaras !!!
Quem sabe quando ele vai voltar… Será com seus amiguinhos de Millí ??? Quem sabe!
Um saudinho meu amigo…

:) :) :) :)

David Bowie Deve Voltar…

Posted on Octubre 25th, 2006 in Fotos, Música | No Comments »

Só lembrar que faz 2 anos ele tinha um show em Santiago de Compostela mas por causa da saúde ele nao veio e foi substituido pelos “anos atrás” bons Lou Reed e Bob Dylan mas estes dois caras deveriam pensar em ficar em casa e nao arrastar seus corpos em shows patéticos aonde nem voz se reconhece!!!
Por favor David : Volta!!!!!
Você tá em dívida com nós…e saiba que estaremos aguardando…até entao, se cuida, viu???
Um abraço:
Xurxinho.