En febreiro recibín a miña primeira multa en 11 anos xustos e como consecuencia perdín 3 ptos…Nunca andei como un tolo e a verdade é que, co que ando durante o ano, por estatística, algunha multa tiña que caer…pero agora que ando máis atento (ainda!) a un posible radar, quero que me respondan a seguinte pregunta:
Que fago cando chegue a esta vila de Ávila? Que fagoooooooooo?????
Curiosidades da xeografía española, non si??????
A prestixiosa revista americana Rockstar vén de nomear ao “Trio París” como a mellor banda de rumba en directo. O seu gran show na habitación 222 foi a última proba que necesitaron os expertos para non deixar lugar ás dúbidas e situar a este grupo verinés no máis alto do mundo da música actual… Parabéns rapaces e ¡¡¡ a comervos o mundo!!!
Acabo de chegar da Festa do Queixo 09 de Arzúa e máis concretamente de asistir ao concerto de Vestusta Morla.
Que vou dicir do concerto? Pois, nin fu nin fa. Tivo momentos dentro do que podamos dicir “momentos” cando un grupo só ten 1 disco…e se o tipo de música é o “pop” que toca esta banda, xa che pode gustar ben ou saber as letras das cancións porque aburría un pouquiño…pero xa digo, por momentos!!!
Al menos alí estaba Pauliña e Amboeich para matar eses intres nos que un pensa en sair a tomar algo ao bar máis cercano e fora da multitude…
Pero bueno, foron 2h que desconectei de Melide, falei con uns cuantos veciños da vila á que represento no Clube de Natación, e despedinme de Kelalo por uns 15 días onde irei a ver mundo. Europe is living a celebration because Xurxo is coming…Get ready Italy and France!!! Dentro de gustar ou non do estilo de música desta banda o que máis me chamou a atención foi a orixe do nome pois fai referencia a un clásico da literatura infantil e por ende, a un tal Michael
Aquí vos deixo probas gráficas e sonoras sobre esta nova formación española para aquel que non os coñeza(como era o meu caso) e quen xa o faga, poda pasar uns minutos agradables….
Vestusta Morla Festa do Queixo Arzúa 2009
Melide 2009, Carnaval. Festa do ano onde a xente tenta comer carne no sentido máis amplo da palabra…e como non podía ser menos Kelalo,Xabi e Xurxo transformaron os seus corpos para “dar unha volta polo lado salvaxe” e disfrutar dunha noite de sábado para lembrar…
Un biquiño bonitiñas e xa nos veremos o próximo ano subidas nas Harleys…
Batista anda solto…deixou a WWE e agora adícase a defender as cores do CN Arzúa… Que perigo, meu deus!!! Aquí tedes a mostra da súa raiba…
Que se preparen todos os seus rivais porque a Fera anda Solta!!!
ACDC anda de xira por España e a pasada noite fixo unha paradiña pola vila coruñesa de Melide onde o guitarrista Angus “Maica” Young nos deleitou co repertorio clásica da banda durante unha noite de carnaval, entroido e festa que será inesquecible para os fans da mítica banda…
Para aqueles que non poideron asistir ao show aquí quedan probas gráficas da presenza do grupo na vila do si,si,si !!!
Foi só colgar a foto no Facebook e a prestixiosa revista Ianqui Motormania ofreceulle a miña compañeira de traballo Jessica, a oportunidade de saír en portada…
Ela non o dubidou moito e aquí tedes o resultado: Fantástico!
Un saudiño colegui,
Xurxiño.
Dani e Pablo (ou dueto One Republic) alumnos do IES García Barbón de Verín (Ourense), son uns cracks!!! O ano pasado estaban namorados da profesora de inglés e polos corredores do instituto só se oía unha canción: “It’s too late to apologize…too late”
Eran eles dous tentando que a docente caese nos brazos dos discentes…pero non o conseguiron…al menos gañaron un fan: Xurxiño!
Resúltame difícil cada vez que vou ao Dorna tomar algo e ver na tv o video deste grupo, non sacar da mente a imaxe destes dous “malucos” cantando polo IES adiante…
Aquí vos deixo un recordiño do mellor dueto cómico verinense do momento! Un saúdo e que todo vos saia ben este ano!
(Ánimo co 2º de BACH e coas Opos campións!)
O voso manager,
Xurxiño.
Agora que está a chegar o outono, é epoca de castañas e historias…como esta que fixeron os rapaces de infantil de Arca-Pedrouzo-O Pino hai dous anos… Lindiña participación dos neniños e por suposto, do narrador…