Archive for the ‘Novas’ Category

Xurxo “La Bestia” Batista está de volta!!!

Posted on Febrero 7th, 2009 in Novas | No Comments »

En vésperas do carnaval 09 e tras unha longa estadía fora deste blog; despois de conseguir baixar unhas poucas fotos do meu móbil e perder uns minutos no ordenador, estou de volta neste recunchiño da rede para colgar as típicas parvadas, anécdotas e demáis que se me ocorren ou vexo día a día…
Xa estaba co “mono” e na miña cabeza sonaba a canción de Airbag:
“y me pesa la cabeza, ¡qué pesar! te juro que necesito…regresar!
Un saúdo para toda a comunidade e que continue o show,
Xurxiño.

PD:
“Aquí estoy porque he venido, porque he venido aquí estoy y si no les gusta mi canto, como he venido, me voy!”
Ratatatatatata: Unleash the Beast!!!!!!!!!!!
E a besta xa está libre meus amigos…
Here I come!

Polbo á miseria…

Posted on Octubre 29th, 2008 in Caralladas, Novas | No Comments »

Como o próximo 2009 vai ser un ano de consumismo bestial pois derrochemos e nada de Polbo á Feira, nin Ezequiel, nin A Garnacha nin nada… Xurxo reinventa o POLBO Á MISERIA o nunca vista ata hoxe…

Bo proveito a todos!!!!!!!!!!!

And the Winner is… Kelalo!

Posted on Octubre 14th, 2008 in Caralladas, Novas, Saúdos | No Comments »

 
Non son Faemino e Cansado……
senón Lorcas e Kelalo, dous dos participantes do concurso de fotografía que reuníu a 4 concellos galegos (Carballiño, Lalín, Monforte e Melide) e no que se trataba de plasmar diferentes aspectos destas vilas do interior…
A temática ía desde o Polbo ata o urbanismo. Falláronse os premios o pasado día 10 de Outubro e o Melidá Gerardo Porto Laya resultou gañador da foto relativa a Monforte de Lemos e que eiquí vemos…
O Robert Capa de Millí levouse ao peto un billete de euro dos grandes, así que ¡Parabéns!  meu amigo e a ver se daquí saen futuros artistas do mundo gráfico pixelado…
Sí, sí, sí o campión é de Millí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!   
A pesar de non conseguir premio, quero enviar un cordial saúdo a tódolos concursantes e en especial ao home que acompaña a Kelalo nesta fotografía Jesús Carlos Rdguez (Lorcas) e desexarlle as mellores das sortes para un futuro evento deste tipo…

 

Foto Gañadora
 
 
                                                                                                                          
                                                               And the Winner is…
                                                               
                                                   CONGRATULATIONS MY FRIEND!!!

Melide, os burros e a Fórmula 1…

Posted on Agosto 8th, 2008 in Caralladas, Novas | No Comments »

Notición melidense…Chicho ven de proclamarse campión da 57 edición da Carreira de Burros de Escairón, O Saviñao (Lugo)
O asunto é que o animal se chama Ferrari…será un presaxio do que pode acontecer o vindeiro ano con Fernando Alonso, ou debo dicir Chicho Alonso??? Parabéns Chicho!!!!!!!!
Sexa como for… Sí, sí, sí, a Fórmula 1 o próximo ano en Millí!!!


Nova 2: La Voz de Galicia 06/08/2008

El «Ferrari» más burro del mundo

 

El Ferrari de Francisco Porto es gris pardo, biplaza, veloz como un rayo y, además,… rebuzna de serie. Paco debe de estar celebrando todavía hoy el triunfo de su Ferrari en la edición número 57 de la carrera de burros que pone el colofón a las fiestas de Escairón, municipio de O Saviñao (Lugo).

«Es emocionante, claro que es -declaraba Porto finalizada la prueba- pero el caso es que acabo de llamar a la mujer a Melide para contárselo ¡y no está!». Ferrari se enfrentó en dura competición a otros 34 équidos. Su jinete desvelaba también que, el año pasado, Ferrari se llamaba Fernando Alonso, pero que decidió rebautizarlo y, mira por dónde, el cambio de escudería le dio el triunfo de nuevo. Ya le gustaría a Fernando Alonso, al de verdad, tener la suerte de escuchar en Hungaroring a la Banda de Música de Muimenta. Porque en la carrera de ayer no se dejó ningún detalle al azar. O casi. Los de Escairón lanzaban a las doce unos foguetes tan potentes que parecían bombas de racimo. Y no era para menos.

En la mesa de inscripciones se equipó a cada jinete con su correspondiente dorsal y chaleco reflectante homologado. Algunos de los participantes -humanos- eran propietarios de los asnos, pero eran más los que, sin posibilidades ni escudería, se montaban a lomos de animales cedidos especialmente para la ocasión por los vecinos. El principal organizador de la prueba, Juan Carlos Armesto, estaba feliz al haberse batido un récord de participación.

Para no meter de una vez a los 35 en el campo de fútbol, se celebraron seis eliminatorias, todas muy entretenidas, algunas más rápidas, otras más lentas. Y Juan Carlos empezó a anunciar por megafonía los nombres de los corredores -animales-: Juanita, Serafín (este partía como favorito), Muñeca, Negra, Pimpolla, Polvorín, Carolina, Romero, Juanjo, Lolita, Mariquita, Secretario, Ciego (que corrió con gafas y no veía tres en un burro)… El presentador dejó bien claras las normas, sobre todo una: se considera que el que haga sangrar al burro es más burro que el burro, así que quedará automáticamente descalificado. Fue una prueba limpia.

El imprevisto que se le presentó a la organización llegó casi al final, cuando, celebradas cinco tandas para un total de 29 burros inscritos, llegó más de una hora tarde, procedente de Ferrol, un camión con otros seis asnos. Su propietario explicó que se había perdido por el camino, rogó que lo dejaran correr y la organización aceptó. Pero hubo quien no estuvo de acuerdo y puso al de Ferrol a caer de un burro. Por un pelo no se llega a las manos, lo que hubiera sido una burrada. Finalmente, el que protestaba se apeó del burro, la cosa se arregló y los ferrolanos dieron su vuelta clasificatoria. En la gran final, con 56 patas en la pista, se completaron dos vueltas al campo de fútbol y ya se veía que la cosa estaba entre el Ferrari de Porto y Alfredo, montado por Óscar Ferreño (el que llegó tarde). Finalmente, Ferrari fue primero, Alfredo segundo y el tercer puesto fue para Juanita, la burra de Manuel Fernández Díaz. «Este burro é un tipo estupendo -declaraba el ganador-; o resto do ano téñoo para traballar, sacho, boto as patacas con el…». Mientras, en el verde del campo de fútbol se disputaba una intensa competición de tiro de cuerda por parroquias.

A lo lejos, Francisco Porto se marchaba todo lleno de razón con su fiel amigo, y hasta daba la impresión de que recitase: «Ferrari es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera que se diría todo de algodón…».

Non estou morto, nen moito menos…

Posted on Julio 30th, 2008 in Novas | 1 Comment »

Despois deste parón motivado polas Oposicións 08 e por posuír unha conexión a intenet máis ca ruín, comezo de novo a poñer cousiñas neste meu blog que teño deixado un pouco de lado…
O mellor de todo este tempo foi que aprobei os exames levando a medalla de bronce galega e a piques (por 0.05 no exame) do ouro. Pero esta terceira praza sabe a ouro ou máis porque implica que chegado Xuño non vou ter esa presión de “merda” que implican unhas oposicións… Os que estades nelas non é preciso que vos explique nada, non si?
Hoxe sairon os destinos provisionais e tocoume outra vez Verín


As miñas alumnas favoritas que, a pasares de superar a barreira dos 60 e 70, poñen un interese que xa quixeran moitos nenos da ESO…
En agosto sairán os destinos definitivos que espero, no meu caso, non mude…


Agora chega Agosto e espero viaxar un pouquiño por Galicia e quen sabe se polo resto da orografía española porque ata setembro non comezan as tarefas académicas anuais…
É probable que durante agosto esta casiña virtual quede de novo abandonada pero a partir de setembro haberá que dotala de vida, dándolle a inxección que merece…esa EPO que agora toma “Canteira” que se fose ciclista estaría expulsado da competición pero como ronda a xubilación, aí
non sancionan a ninguén…
Un saúdo a todos e ata a próxima nova… que teñades un bo Pardiñas, Albariño, San Roque, Caralampio ou a festa que frecuentedes nestas datas tan típicas de barullo…
Un saúdo comunidade!
Xurxo Otero.

Festa do Boi 2008

Posted on Mayo 28th, 2008 in Caralladas, Fotos, Novas | No Comments »

Allariz, maio de 2008: Festa do Boi.

Cumplíanse este ano o vixesimoquinto aniversario da festa e a verdade é que esta edición foi ben accidentada.
A un home o boi partíulle a queixada, diferentes caidas, e un muro que se viu abaixo causando danos que puideron ser todavía maiores quedándose “só” en dúas mulleres feridas de “certa gravidade”…(unha rompeu a pelve e a outra escoitei que lle tiveran que amputar 2 dedos da man…)
Caida do muro:

A verdade é que este accidente foi mala sorte porque non era xente que estivese correndo senón que estaban observando, pero como a vida ten estas cousas, en acontecementos así calquera cousa é posible e por desgracia este ano pasou o que pasou…
Estou vendo que un ano vai ser moito peor do que este e han acabar por suspender tanto día de desfase, troula e borracheira…
Eu non baixei nin un só día porque fixo un temporal do carballo e quedeime estudando e todo para iso das opos…pero al menos quédome con unha carreira “virtual” que fixen cos meus amigos de Bilbao que son “la hostia,pues!” e tivemos a coraxe de correr diante mesmiño do boi… Valentes, coraxosos, ousados….vamos que nos quedamos pequenos.
Para mostra un botón. Ollade:

Foto: Irmáns Uriarte e Xurxiño.
PS: Os touros mellor, desde a barreira (e non me refiro ó campo da feira da vila de Allariz)

Boa sorte para 2009!

Superman Marcos…

Posted on Mayo 27th, 2008 in Novas, Saúdos | 1 Comment »

Aquí está o meu compañeiro Marcos Salgado “The King of Lanzarote” facendo das súas na proba anual do Ironman… Este ano mellorou uns minutos o resultado do ano anterior… a calor xogou na súa contra desta vez… lástima que non poidese mellorar esas marcas pero, ter que entrenar con 15ºC e facer despois a proba con moito vento e case 30ºC a verdade é que ten que ser un suplicio…(xa me anda a convencer para que vaia eu o próximo ano canda el!)

Ironman Lanzarote 2008: Natación 

Ironman Lanzarote 2008: Ciclismo

Ironman Lanzarote 08: Carreira


Bastante mérito ten finalizar xa, como para facelo en menos de 14h cando se roza a barreira dos 40… Parabéns campión!!!
A seguir así! e si aprobo as opos, o próximo Maio 09 estou contigo ainda que quede medio morto antes de comezar a maratón…
Un saúdo meu amigo e a seguir así: SUPERMARCOS!

Carnaval 2008

Posted on Febrero 11th, 2008 in Caralladas, Novas, Saúdos | No Comments »

Este carnaval foi divertido por 2 motivos: diferentes lugares e respecto. Aproveitei 3 días: Xoves de Comadres en Verín e Venres e Sábado en Millí…
O venres= patético!         Xoves e Sábado moi bons!
Debo dicir que en Melide o sábado paseino de vicio porque a xente se portou moi ben cás persoas disfrazadas e o Xoves de Comadres en Verín, que dicir, unha novidade para min e unha experiencia que haberá que repetir outros anos de andares por estas terras, claro!!!
Aquí deixo pegadas do que foi o carnaval a nivel particular, en breve, tamén porei mostras do que foi a nivel coletivo…
Un abrazo á miña comunidade,
Xurxiño.

Ama de Casa 01 e 02 (Xoves de Comadres)


Dr. Maligno ( Venres de Carnaval)

Vella Quente 01

Vella Quente 02

Carnaval ou Carnabal? (Verín 2008)

Posted on Febrero 8th, 2008 in Fotos, Novas | No Comments »

Sorprendente documento encontrado por min mesmo na aula onde imparto clase. O rapaz en cuestión ten 17 anos e tódolos demáis detalles que puidese dar son irrelevantes. O caso é que esta é unha redacción feita na clase e como lle importaba tan pouco deixouna ata olvidada na aula.
O que me impresionou foi a “grande variedade” de vocabulario e o”final“da historia…
PAVERA! PAVERA! PAVERA!
Aquí deixo unha copia do orixinal e a súa transcrición (algo modificada) embaixo.
A ver que opinades, creo que non ten desperdicio…
http://farm3.static.flickr.com/2202/2250020889_25e25b606a.jpg

 
O Carnabal:
O xoves de comadres comezamos pola maña tirando fariña. Despois  á tarde emborracheime. Á noite emborracheime e ás 11 ou 12 fun dormir e antes fun ca Lucía pa un prado.
O venres lebanteime ás cinco e marcheime pa Verín e emorracheime, á noite e como o día anterior facia frio no prado, fun pa miña casa ca Lucía seguinme emborrachando ás 10 ou as 11 fun dormir. O sabado lebanteime ás 3 e media e fun e seguinme emborrachando, a noite seguinte emborracheime e marchei durmir a casa da miña Lucía.O domingo lebanteime ás 4 e fun segun emborrachandome fun oòs cochitos e as barracas dos chachos a tirar peluches, a metade dos peluches regaleillos a Lucía e a outra metade á louca da mña nai.A noite seguime emborrachandome e fun ca Lucía a dormir pa miña casa.O lunes levanteime ás 2 e comino e, na Lucía, na miña habitación tomamos o postre.Depois fun pa Verín e seguinme emborrachando a noite e igual o final da noite pa non perder a costume marchei po piso do pai da lucia a tomar o postre e durmimos ali.O martes desperteime ás 6 da tarde e fun a cambiarme a casa despois seguinme emborrachando. Á noite seguinme emborranchando , fumei uns porros, posenlle os cornos 5 ou 6 veces á novia e depois fuimos durmnir o piso do pai da  da lucia e volvimos tomar o postre…”

Comentario:
Debemos dicirlle a este rapaz que teña moito coidado porque entre tanto alcol, cigarros, e tanto, tanto postre, a analítica non lle vai dar moi ben… pero que carallo!!!!!
Hai que vivir a vida !!!!!!!!!!!!!!!
VIVA O CARNAVAL !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

“The Killing Shark” is back…

Posted on Enero 25th, 2008 in Novas | No Comments »

O tabeirón asasino está de volta polas augas cloradas das instalacións de INEF A Coruña, onde tivo lugar a terceira xornada da Liga Galega de Clubes…
Como sabedes este peixe está a representar a Arzúa que lidera, polo momento, e espero que así o faga ata o final (6 de Maio 2008 competindo como Local) a Terceira División.
Quero enviar un saúdo moi cariñoso para o grande “crack” do equipo Óscar Pereiro que tivo un pequeno desliz ( se a moza está a ler estas verbas non te preocupes “deliz” non quere dicir que che puxera os cornos) só escorregou… pero que saibas que iso lle pasa a calquera, mesmo a profesionais como foi o caso do Ian Thorpe… Tranquilo que non ha volver a ocorrer… Ainda quedan 3 probas e has conseguir os máximos puntos posibles para que no vindeiro curso representemos á vila na 2ª división…
Let’s Go Pereiro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

http://farm3.static.flickr.com/2313/2219155470_22721418a8.jpg

RESULTADOS DAS 3 PRIMEIRAS PROBAS

As Pedreiras- Lugo 2007


Monforte- 2007

INEF Bastiagueiro Xaneiro 2008

Nota: Para ver mellor os resultados debedes facer click en “SlideShare”; reenviaravos á páxina onde está a animación en powerpoint e unha vez alí, premede “full” e poderedes ver a pantalla completa e con mellor calidade cás que tiña colgadas hai uns días… Espero que vos guste!
Go Arzúa Go!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!