FELIZ ANO 2008
Posted on Enero 1st, 2008 in Caralladas, Novas, Saúdos | No Comments »


Espero que neste novo ano todo saia o máis próximo ao que desexades…un saúdo cariñoso para toda a comunidade virtual… Bo ano para todos!!!


Espero que neste novo ano todo saia o máis próximo ao que desexades…un saúdo cariñoso para toda a comunidade virtual… Bo ano para todos!!!
Aquí vos deixo o logo do clube por si queredes ter unha copia propia. Xa que na internet non aparecen fotos deste icono, encargouse meu irmán Marcus de facer unha fotiño decente para que eu a poidese colgar…
CN Arzúa 01

CN ARZÚA 02

Comezou a tempada de natación e Xurxo Otero a.k.a. “A Quenlla Asasina” representa á nosa vila veciña competindo co C.N. Arzúa na Liga Galega de Clubes na súa 3ª división Grupo Par.
Xa van dúas competicións ( As Pedreiras-Lugo e Monforte) e o equipo encabeza a taboa.
De seguir así, espera ascender este ano…
Desde hoxe en diante, irei colgando novidades e fotos do clube e os seus representantes, anécdotas e resultados co fin de manter informados aos visitantes deste blog de todo o relativo á competición acuática na que estamos inmersos.
Arranca a competición positivamente e espero que todo continúe como ata agora, iso serían unhas moi boas novas… Un saúdo a todos e…
Á auga, parrulos!!!!!
In your marks!

Get Set!

Go!

PD: a.k.a (also known as= tamén coñecido por) para os non moi postos en inglés…
Espero estar de volta antes de 2008 co meu blog… Agora por iso de estar lonxe da casa e sen conexión, faime imposible actualizar as cousiñas…pero haberá novidades…sobre todo acuáticas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!Si, si, si o de Millí competindo con Arzúa… O Xurxo agora defende á vila veciña nadando co CN ARZÚA e facéndoo o mellor que pode… Non vai mal a cousa, polo momento, pero tempo ao tempo…Espero colgar as fotos, resultados e anécdotas moi pronto aquí… Ídesvos rir un cacho co “Tabeirón Asasino” no que me estou convertindo …

Saúdos comunidade e ata prontiño xa…

O noso veciño de Melide Santiago Prado Conde ven de ser nomeado gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais…Dende aquí a miña noraboa e a seguir así campión…a deixar o pavillón da terra ben alto e a seguir triunfando a nivel profesional…
Moitas Felicidades!!!!!!!!!!
antropoloxía
Santiago Prado Conde gaña o Premio Vicente Risco
11.02.2007 Cun traballo sobre os alumnos de Melide
. REDACCIÓN
O XII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais xa ten un novo gañador, Santiago Prado Conde, un antropólogo de Melide que presentou o traballo Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide .
O xurado deste galardón, convocado pola Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas, coincidiu en que o traballo deste melidense “é excelente” e que conta cunha bibliografía moi actualizada.
A transformación da realidade educativa
Os membros do xurado consideran que o autor gañador do galardón é pioneiro nos estudos de antropoloxía da educación en Galicia e que a obra premiada non só analiza, senón que tamén invita a sociedade á reflexión e á transformación da actual realidade educativa.
O traballo de Prado Conde realiza unha análise centrada no ensino na Terra de Melide que, en xeral, non contempla a diversidade e que “discrimina o diferente”, neste caso ó alumnado de procedencia rural que acode á vila e que é galego-falante.
O premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora será publicada por Sotelo Blanco Edicións.
De novo a “torcida” melidense facendo barullo no 2º partido oficial da nosa “seleçao” a Ghalegha!!! O peor de todo: Ecuador (Incluindo o gol de falta) e o mellor como non, eses berros de: Sí, Sí, Sí Somos de Millí !!!! (Os seguratas de Prosegur ata a tentaron armar con nós e se non, preguntádelle a Juanjosé de Juanito)
:)
Lamentable o galego falado polo Speaker do Dépor…pero claro, da Coruña espéraste cousas así, qué lle imos facer… O caso foi pasalo ben!
O próximo partido oficial que sexa no campo de herba artificial do CIRE !!!!!!!!!!!!
Un abrazo neno! Quedamos en el Humor??? Buá !!!!!!!!!!!
Xurxo Otero.



