Archive for the ‘Saúdos’ Category

Porque a vida pode ser marabillosa…

Posted on Febreiro 24th, 2010 in Fotos, Saúdos | 1 Comment »

…e con Andrés Montes os comentarios de fútbol ou baloncesto eran, simplemente, marabillosos, diferentes, graciosos, divertidos…
Xa é a segunda ou terceira vez que me disfrazo de “ti” pero este 2010 quería facerche unha homenaxe ben merecida. Desde donde queira que esteas, recibe un abrazo con todo o cariño dun seguidor teu.
Verín 2010 (Xoves Comadres ás 14h)

Monterrei Xaneiro 2010

Posted on Febreiro 21st, 2010 in Fotos, Saúdos | No Comments »

Aproveitando un “bandullo” no Candil nas vésperas do Carnaval, o quinteto: Rebeca, Carlos, Gestal, Marzoa, Xurxo decidimos visitar parte do Patrimonio Cultural do Concello de Monterrei. O día non estaba moi bon pero a visitiña mereceu ben a pena… Va que si !!!! Espero que as fotos sexan do voso agrado.
Na que saimos todos está borrosiña pero que lle imos “faguer”  :)
Un saúdo,
Xurxiño.

Carlitos eres un “crack”…

Posted on Xaneiro 25th, 2010 in Saúdos, Tv | No Comments »

Esta fin de semana pasei 1 día polas terras do Val Miñor compaxinando Vilanova de Cerveira (Portugal) con A Guardia. O curioso foi cando me atopo un rapaz en Cerveira que me coñecía…Eu dixen que non podía ser, ou si, vamos, pero que me resultaba difícil de crer. Este díxome: si home, ti fixeches 2 gardas na miña clase cando estabas no IES A Sangriña e chámaste Xurxo!!! Joder!!!! Que crack !!!!! Despois de experiencias inolvidables: coñecer a Dulce Pontes dun xeito curioso, 1ª viaxe a Brasil en 2002 e uns pasaxeiros de campionato, unha viaxe a Roma cunhas señoras de Foz e Ribadeo que deron que falar, etc.
Eu case me quedo con esto. :)
Despois do “susto” inicial, o rapaz comezou a falar con nós e explicounos que estivera no Diario de Patricia tentando reconciliar a dúas amigas súas…Non o puiden evitar e nada máis chegar a casa díxenme que a este rapaz lle facía un sitio no blog.
Grazas home por lembrarte de min, deixáchesme realmente abraiado 4 anos despois…

Parte 01

Parte 02

Parte 03

Have a Very Merry 2010!

Posted on Decembro 31st, 2009 in Saúdos | No Comments »

Para todos aqueles que visiten este blog, os que se queiran dar por aludidos, deséxolles o mellor para este próximo ano.
Un cordial saúdo,
Xurxiño.

happyboardyear

Feliz Noiteboa e Nadal 2009

Posted on Decembro 23rd, 2009 in Saúdos | No Comments »

Como probablemente non tocarei este Blog por uns días, aquí vos deixo a miña felicitación a tod@s.
Pasádeo moi ben e a ver se o “ghou”(x3) vos traese un agasalliño…

thumb_Alessandra-ambrosio-merry-Christmas

E non vai sen tempo…

Posted on Outubro 22nd, 2009 in Novas, Saúdos | No Comments »

Despois de pasarme un ano viaxando por Europa adiante entre Marzo e Agosto, a verdade é que deixei de lado o meu blog. Non me apetecía moito poñer cousas nel e un blog non merece iso, pero aí estou eu para castigalo…
Supoño que desde hoxe ata o final do curso 2010 espero poñer novidades e todo tipo de bromas e novas típicas de quen escribe estas palabras… Só desexo non deixar tanto tempo entre unha publicación e a outra e de ser así, pídolles perdón a aqueles que de vez en cando revisan os blogs dos colegas…
Así que aí vou eu, de volta ao chollo virtual tentando que botedes unhas risas ou que pasedes un bo ratiño cada vez que olledes “cousiñas” neste Xurxo.net
Un saúdo a todos e sabede que…

Compostela belongs to The Boss… just for one day! :)

Posted on Agosto 2nd, 2009 in Fotos, Música, Saúdos | No Comments »

Recén chegado de Celanova (A Ramallosa) e Ourense (sábado á noite) marcho xa para Santiago a ver ao Boss…Xefe, se en Bilbao comezaches con “Desde Santurce a Bilbao” a ver se nos sorprendes na capital galega con “A Rianxeira” ou quen sabe…
Let the show begin !!!!!!!!!!!

 

Be Tinto my Friend…

Posted on Xullo 29th, 2009 in Caralladas, Saúdos, Tv | No Comments »

Xa se fixera famoso o anuncio con Bruce Lee de Be water my friend… encántame a parodia feita por Vaya Semanita… Xa sei que é vello e ten moito tempo pero como onte estiven falando con Borja (compañeiro en Verín) pois veume á cabeza cando me fixo a suxerencia deste video na sala de profesores xa fai meses… Agora que estamos no verán, ainda que non o pareza, e é típico iso do “Tinto de Verano”, aquí vos queda unha suxerencia sobre o qué facer co líquido vermello…

Feira do Viño Chantada 09

Posted on Marzo 8th, 2009 in Fotos, Saúdos | No Comments »

Xa van 26 edicións adicadas ao líquido elemento, sangue do señor e enerxía de moitos pero como non podía ser doutro xeito, Paco Cidre, meu flat-mate, convidounos a descubrir os bos productos da súa zona…e a verdade é que non defraudaron…
Se ben o normal era ter asistido con toda a marabunta do sábado e domingo, nós fomos á vila do interior galego o venres 6 de Marzo.
O noso primeiro destino: Churrasco Casa Pepe no concello do Saviñao (Codornices, churrasco “a dolor”, postres e cafés=12€/persoa  para todo o demáis, Mastercard!)
Im-Presionante!!!! Despois deixamos aos nenos na casa e saímos á zona de Pubs. Era a primeira vez que saía de noite pola vila e en vésperas do grande ainda había ben xente. Moitos mozos de instituto pero bueno…Gustoume o ratiño que pasamos antes de voltar para Melide a iso das 3:30am
Moitas grazas Paco por un Venres “diferente” e ameno… Que non sexa o derradeiro!
Un saúdo,
Xurxiño.
Marzo 2009                             1ª Edición Ano 1983

        

The Breath-Strokers…

Posted on Febreiro 25th, 2009 in Caralladas, Fotos, Saúdos | No Comments »

Non é unha banda de música senón os mellores “bracistas” do mundo ;)
Andrea, Xurxo e Sara forman este trío do Clube Natación Arzúa. Faltaría Xosé Ramón(detrás na foto), que nese intre estaba a discutir cos compañeiros o canchondas que eras as xuízas, para formar:
“O Cuarteto da Morte” a.k.a. “The Killing Quartet”
Os mellores na modalidade de braza e que na próxima proba en Xove (Lugo) darán o máximo para facer que Arzúa poida permanecer na 2ª división da Liga Galega de Clubes…
Un biquiño para as dúas e un abrazo ben forte para X.Ramón e todo o equipo!!!

os bracistas