Aquí deixo unha montaxe que preparei coa excusa de poñerme a fuchicar co www.Onetruemedia.com A verdade é que me molou bastante esta páxina para traballar o tratamento de imaxe e video…Unha ferramentiña máis para poder engadir cousas a Youtube, o blog, etc.
Un beixiño para eses catro trastes.


A piques de poder vivir un novo carnaval nas terras do Támega, entróume morriña do ano pasado e acabei colgando o novo cómic que está a arrasar polas terras de Obama…No número deste semana a limpadora e o coelliño convértense en amigos fantásticos… 
Un saudiño Luís e ánimo que o xeonllo vai estar listo a tempo para rachar dentro de 10 días…Veña outra 1906!!!

Foi só colgar a foto no Facebook e a prestixiosa revista Ianqui Motormania ofreceulle a miña compañeira de traballo Jessica, a oportunidade de saír en portada…
Ela non o dubidou moito e aquí tedes o resultado: Fantástico!
Un saudiño colegui,
Xurxiño.
Agora que está a chegar o outono, é epoca de castañas e historias…como esta que fixeron os rapaces de infantil de Arca-Pedrouzo-O Pino hai dous anos… Lindiña participación dos neniños e por suposto, do narrador…
O Piollo do Grelo

Non son Faemino e Cansado……senón Lorcas e Kelalo, dous dos participantes do concurso de fotografía que reuníu a 4 concellos galegos (Carballiño, Lalín, Monforte e Melide) e no que se trataba de plasmar diferentes aspectos destas vilas do interior…
A temática ía desde o Polbo ata o urbanismo. Falláronse os premios o pasado día 10 de Outubro e o Melidá Gerardo Porto Laya resultou gañador da foto relativa a Monforte de Lemos e que eiquí vemos…
O Robert Capa de Millí levouse ao peto un billete de euro dos grandes, así que ¡Parabéns! meu amigo e a ver se daquí saen futuros artistas do mundo gráfico pixelado…
Sí, sí, sí o campión é de Millí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A pesar de non conseguir premio, quero enviar un cordial saúdo a tódolos concursantes e en especial ao home que acompaña a Kelalo nesta fotografía Jesús Carlos Rdguez (Lorcas) e desexarlle as mellores das sortes para un futuro evento deste tipo…
Foto Gañadora

And the Winner is…

CONGRATULATIONS MY FRIEND!!!
Facía tempo que non escoitaba nada desta cantante Islandesa da que comprara nos anos 90 os seus 2 primeiros discos chamados Debut e Post… Para despedirme e desexarvos unha boa fin de semana aquí deixo o video musical dun dos seus éxitos Human Behaviour (comportamento humano) e xa sabedes, como di o título da canción: portádevos ben!
Un saúdo para todos antes de comezar o sexto mes do ano,
Xurxiño.
Aquí está o meu compañeiro Marcos Salgado “The King of Lanzarote” facendo das súas na proba anual do Ironman… Este ano mellorou uns minutos o resultado do ano anterior… a calor xogou na súa contra desta vez… lástima que non poidese mellorar esas marcas pero, ter que entrenar con 15ºC e facer despois a proba con moito vento e case 30ºC a verdade é que ten que ser un suplicio…(xa me anda a convencer para que vaia eu o próximo ano canda el!)

Ironman Lanzarote 2008: Natación
Ironman Lanzarote 2008: Ciclismo
Ironman Lanzarote 08: Carreira
Bastante mérito ten finalizar xa, como para facelo en menos de 14h cando se roza a barreira dos 40… Parabéns campión!!!
A seguir así! e si aprobo as opos, o próximo Maio 09 estou contigo ainda que quede medio morto antes de comezar a maratón…
Un saúdo meu amigo e a seguir así: SUPERMARCOS!
Este carnaval foi divertido por 2 motivos: diferentes lugares e respecto. Aproveitei 3 días: Xoves de Comadres en Verín e Venres e Sábado en Millí…
O venres= patético! Xoves e Sábado moi bons!
Debo dicir que en Melide o sábado paseino de vicio porque a xente se portou moi ben cás persoas disfrazadas e o Xoves de Comadres en Verín, que dicir, unha novidade para min e unha experiencia que haberá que repetir outros anos de andares por estas terras, claro!!!
Aquí deixo pegadas do que foi o carnaval a nivel particular, en breve, tamén porei mostras do que foi a nivel coletivo…
Un abrazo á miña comunidade,
Xurxiño.
Ama de Casa 01 e 02 (Xoves de Comadres)


Dr. Maligno ( Venres de Carnaval)

Vella Quente 01

Vella Quente 02



Espero que neste novo ano todo saia o máis próximo ao que desexades…un saúdo cariñoso para toda a comunidade virtual… Bo ano para todos!!!