Parabéns Chaq!!!
Posted on Febrero 12th, 2007 in Novas, Saúdos | No Comments »
O noso veciño de Melide Santiago Prado Conde ven de ser nomeado gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais…Dende aquí a miña noraboa e a seguir así campión…a deixar o pavillón da terra ben alto e a seguir triunfando a nivel profesional…
Moitas Felicidades!!!!!!!!!!
antropoloxía
Santiago Prado Conde gaña o Premio Vicente Risco
11.02.2007 Cun traballo sobre os alumnos de Melide
. REDACCIÓN
O XII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais xa ten un novo gañador, Santiago Prado Conde, un antropólogo de Melide que presentou o traballo Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide .
O xurado deste galardón, convocado pola Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas, coincidiu en que o traballo deste melidense “é excelente” e que conta cunha bibliografía moi actualizada.
A transformación da realidade educativa
Os membros do xurado consideran que o autor gañador do galardón é pioneiro nos estudos de antropoloxía da educación en Galicia e que a obra premiada non só analiza, senón que tamén invita a sociedade á reflexión e á transformación da actual realidade educativa.
O traballo de Prado Conde realiza unha análise centrada no ensino na Terra de Melide que, en xeral, non contempla a diversidade e que “discrimina o diferente”, neste caso ó alumnado de procedencia rural que acode á vila e que é galego-falante.
O premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora será publicada por Sotelo Blanco Edicións.







