Archive for the ‘Tv’ Category

Unha centésima de segundo…

Posted on Febrero 3rd, 2010 in Tv | No Comments »

Corto moi interesante sobre o conflicto “israel-palestino” vs o “rol” dos fotógrafos de guerra…
Un asunto curioso e, ao mesmo tempo, cun final “potentillo”.

Porque a Boa Educación xa non se estila…

Posted on Febrero 1st, 2010 in Caralladas, Tv | No Comments »

Casos coma este xa non se ven hoxe en día…unha lástima ;)

Carlitos eres un “crack”…

Posted on Enero 25th, 2010 in Saúdos, Tv | No Comments »

Esta fin de semana pasei 1 día polas terras do Val Miñor compaxinando Vilanova de Cerveira (Portugal) con A Guardia. O curioso foi cando me atopo un rapaz en Cerveira que me coñecía…Eu dixen que non podía ser, ou si, vamos, pero que me resultaba difícil de crer. Este díxome: si home, ti fixeches 2 gardas na miña clase cando estabas no IES A Sangriña e chámaste Xurxo!!! Joder!!!! Que crack !!!!! Despois de experiencias inolvidables: coñecer a Dulce Pontes dun xeito curioso, 1ª viaxe a Brasil en 2002 e uns pasaxeiros de campionato, unha viaxe a Roma cunhas señoras de Foz e Ribadeo que deron que falar, etc.
Eu case me quedo con esto. :)
Despois do “susto” inicial, o rapaz comezou a falar con nós e explicounos que estivera no Diario de Patricia tentando reconciliar a dúas amigas súas…Non o puiden evitar e nada máis chegar a casa díxenme que a este rapaz lle facía un sitio no blog.
Grazas home por lembrarte de min, deixáchesme realmente abraiado 4 anos despois…

Parte 01

Parte 02

Parte 03

Un alien entre nós…

Posted on Agosto 21st, 2009 in Fotos, Novas, Tv | No Comments »

Usain Bolt acaba de batir tódolos rexistros establecidos ata hoxe nas carreiras de velocidade (100m e 200m) e deixando entrever que ainda pode facer mellores tempos…
A pregunta que se están a facer os expertos de ata onde chega o limite humano, neste xamaicano parece non obter resposta.
Iso é moi bo para todos, para o atletismo e para os espectadores que cada vez que vexan a este home permanecerán á expectativa dunha posible nova marca mundial…
Eu só podo dicir dúas cousas: IM-PRESIONANTE !!!

Para quen non o puido ver en directo, aquí vos deixo as dúas carreiras do “novo” astro da velocidade…

Carreira 100m Mundiais Berlin 2009



Carreira 200m Mundiais Berlin 2009



Be Tinto my Friend…

Posted on Julio 29th, 2009 in Caralladas, Saúdos, Tv | No Comments »

Xa se fixera famoso o anuncio con Bruce Lee de Be water my friend… encántame a parodia feita por Vaya Semanita… Xa sei que é vello e ten moito tempo pero como onte estiven falando con Borja (compañeiro en Verín) pois veume á cabeza cando me fixo a suxerencia deste video na sala de profesores xa fai meses… Agora que estamos no verán, ainda que non o pareza, e é típico iso do “Tinto de Verano”, aquí vos queda unha suxerencia sobre o qué facer co líquido vermello…

Control de Alcoholemia…

Posted on Julio 29th, 2009 in Caralladas, Tv | No Comments »

Recórdame á noite de xoves 11 de Xuño cando Eliseo, saindo de Allariz da Festa do Boi, sacou o seu alcoholímetro da “luveira” do coche para saber se daba positivo…
Nós ao estilo galego, os de “Vaya Semanita”, ao estilo éuscaro, claro…

Ice Age 3 de promoción polo Brasil…

Posted on Julio 29th, 2009 in Caralladas, Fotos, Tv | No Comments »

A terceira parte da Saga Ice Age tenta gañar seguidores no pais sudamericano. Scratch será entrevistado por Tobby, o reporteiro “crack” da Charges.com, sacando o mellor que leva dentro…
Merece a pena escoitalo…

scratch

Slumdog Millionaire…

Posted on Marzo 9th, 2009 in Fotos, Tv | 1 Comment »


Xa fai case un mes que meu irmán conseguiu unha copia do filme que arrasou nos Óscar 2009. Meu brother  aconselloume ver a película porque lle resultou ben entretida. Días despois a miña Xefa de Departamento, tras pasarlle unha copia, aconselloume que a vira pero como estaban aí os carnavais e toda a Festa que me gusta, decidín pospoñer o día no que ver o filme, ata “hoxe-onte” (comecei a vela ás 20:40h de onte domingo e acabei hoxe luns 00:30h) A verdade é que mereceu a pena as 2h de filme.
Non vou dicir de que vai, para iso xa está internet, simplemente vos animo a que a vexades porque de seguro que iredes a pasar un bo rato…
Facía ben tempo que non vía unha peli na casa pero esta semana divertinme coa doble sesión: o xoves pasado Hellboy na Tvg (pensei que habería unha dobraxe máis cañeira) e hoxe esta… Pode que comece a recuperar un pouco o tempo perdido no que ao mundo da sétima arte se refire e pase máis tempo estes días vendo pelis na casa…Non sei… Mentras o penso, conseguide esta peli e botádelle un vistazo…xa me diredes!!!!!!!!

PD: It’s written…
Xurxiño.

Puxa Asturias…

Posted on Octubre 29th, 2008 in Caralladas, Tv | 1 Comment »

Impresionante dobraxe da escena do famoso filme A Chaqueta Metalica, A Chupa de Chapa ou como estes bables denominan O Xilecu de Fierro
Escoitádeo e penso que iredes escachar coa risa… Señor, si, señor !!!!!!

USA e os Vascos…AUPA LA OSTIA,PUES!!!

Posted on Mayo 5th, 2008 in Caralladas, Tv | No Comments »

Meu deus!!! Incrible!! O secretario do meu Insti (o gran Álvaro) dirixíume a este video para mostrar unha das animaladas culturais máis grandes referidas aos Vasco-Franceses ou Vascos… Eu sei que os ianquis non prestan muita atención no que se refire a outras culturas fóra do seu país pero, non fodades, unha cousa é inventar algo e outra facer isto que aparece a continuación:
Exemplo 01
Western El Desfiladero de la Muerte

(Ver os 2 primeiros minutos e despois pasar ao minuto 5:40)
Como diría o profesor de FAMA, A Bailar: AMAZING!
Exemplo 02: 
Serie de Macgyver