Os funcionarios da Xunta en San Caetano xa encontraron a mellor maneira de despedirse os venres e comezar ainda mellor a fin de semana…
Agora ensaian para a Banda da Xunta que arrasará nas Festas Populares neste Verán 2010. Tocarán gratis en tódalas vilas por iso da Austeridade!!!!
Interesante oferta sería esa Señor Feijóo
Esta fin de semana pasei 1 día polas terras do Val Miñor compaxinando Vilanova de Cerveira (Portugal) con A Guardia. O curioso foi cando me atopo un rapaz en Cerveira que me coñecía…Eu dixen que non podía ser, ou si, vamos, pero que me resultaba difícil de crer. Este díxome: si home, ti fixeches 2 gardas na miña clase cando estabas no IES A Sangriña e chámaste Xurxo!!! Joder!!!! Que crack !!!!! Despois de experiencias inolvidables: coñecer a Dulce Pontes dun xeito curioso, 1ª viaxe a Brasil en 2002 e uns pasaxeiros de campionato, unha viaxe a Roma cunhas señoras de Foz e Ribadeo que deron que falar, etc.
Eu case me quedo con esto. 
Despois do “susto” inicial, o rapaz comezou a falar con nós e explicounos que estivera no Diario de Patricia tentando reconciliar a dúas amigas súas…Non o puiden evitar e nada máis chegar a casa díxenme que a este rapaz lle facía un sitio no blog.
Grazas home por lembrarte de min, deixáchesme realmente abraiado 4 anos despois…
Parte 01
Parte 02
Parte 03
…Esa canción que me gusta e podo escoitar un cento de veces e ségueme gustando.
Cal é o problema “se me fai feliz”?
Non é que tivese ganas de asistir a esta voda pero gustaríame ver a cara do cura na chegada ao altar…
Posted on Enero 10th, 2010 in Novas | 1 Comment »
Menudas vacacións que levamos. Desde o pasado 21 de decembro de 2009 ata hoxe podemos dicir que apenas houbo un día “decente”. Se non foi a chuvia ou o vento, é o frío e a neve. Para mostra, este video que acabo de gravar fai 10 minutos (16:45h) co meu móbil desde a terraza da miña casa en Melide. Xa dicían que sería a noite máis fría do ano. Cando me levantei ás 11am facía -2ºC así que supoño que de madrugada debeulle chegar…
En fin, que mañá reanúdase o curso e a ver se damos chegado a Verín.
Un saúdo.
Non son Sinatra, Dean Martin, Sammy Davis Jr. senón o auténtico Rat-Pack !!!!

O deseño 3d non é nada novo pois xa se usaba no século V a.c. polos gregos. Emprega técnicas de perspectivas a escala enorme e de longo alcance. Moitas das pinturas creadas ocupan moitos metros e provocan “ilusións ópticas” incribles. Na actualidade vemos o emprego desta arte nos graffitis, en ilusións arquitectónicas, etc.
Fixen unha selección dalgúns que vin na rede e que me parecen máis ca interesantes, a ver se a vós tamén!
Saúdos neste 2010.
Para todos aqueles que visiten este blog, os que se queiran dar por aludidos, deséxolles o mellor para este próximo ano.
Un cordial saúdo,
Xurxiño.

Vamos, que me deixaba acurrucar e que me cantasen unha nana
para me durmir tódolos días… Son fisica e vocalmente incribles!!!
Alicia Keys

Beyonce Knowles
