Levo unha temporadiña dándolle caña na auga clorada e sempre que falamos de ir alá hai algunhas mozas que poñen excusas tipo: non me gusta, móllome o cabelo e despois para secalo, abúrrome nela… Pero con este invento acabáronse as desculpas. Mulleres de todo o mundo:
Á Piscina !!!!!!!!!!!!!!!!!

Posted on Diciembre 18th, 2009 in Fotos | No Comments »
Mércores 16 de decembro de 2009. Facía moito frío. Fóra, primeira nevarada “potentilla” do curso 2009-2010. Manolo e Eu decidimos chamar a ”Jessie” James para que nos acompañe á montaña.
Primeira parada: Churrería. Almorzamos ben: chocolatiño negro con 4 porras para quentar o corpiño antes do ascenso a Vilardevós.
Última parada Vladivostok, digo, Soutochao.
Preparadiños subimos ao coche… Desde a rotonda de Sousas, todo nevado.
Por sorte non precisamos as cadeas.
Resultado: Intactos en Soutochao (A Cidadella) e a paisaxe: incrible !!!
Aquí vos deixo a proba dun día no que si que me gustou madrugar…
Anuncio de galletas ben interesante que mostra eses
“Tópicos Típicos Inutis” sobre os habitantes dunha parte desa illa grande chamada Gran Bretaña… De momento poño o texto por baixo.
Para a semana espero poñerlle os subtítulos que queda mellor…
“In England we have lousy weather—but the girls are always half-naked.
We live on an island—but you get there by train.
We have a queen—but her husband’s only a prince.
We built the European Community—but in the end we kept the pound.
We have dominated the world—but also we like to be dominated.
We invented football—but our national team is run by an Italian.
We have the most ridiculous police uniforms—but somehow it seems to work.
We love a well-tailored suit—but we also love a well-tailored dress.
We don’t know how to cook—but we make good biscuits…”
Cando se mostran enquisas na rúa sobre coñecemento xeral normalmente póñense os “erros” non os “acertos”, e claro, dá lugar a suspicacias, comentarios, risas, que están moi ben, pero non reflicten a realidade dun país. Con isto quero dicir que os USA non son tan tontos como parecen ou semellan (ainda que o pensemos…) e para que vexades, unha enquisa moi parecida, levárona a cabo en diferentes paises e o resultado non é moi diferentes aos Ianquis.
Así que veña, a rir un pouquiño pero a respectar a todos por igual, que nunca saberemos cando nos pillarán na rúa contestando unhas desas, e se cadra, levamos unha sorpresa !!!!!
USA
Británicos
Alemáns
Brasileños
Un tipo moi particular que se chama David Armand fai versións “Mimo” de cancións famosas. Como teño ganas de botar unhas risas, aquí vos deixo dúas versións ben paveras deste “crack”. Espero que vos guste!
Torn [Natalie Imbruglia]
Don´t Look Back in Anger [Oasis]
Como sacar proveito e humor dunha palabra ben fea en inglés. Mirade que o “uso” varia ostensiblemente… Xa é moi vello este video pero cada vez que vou ao estranxeiro, vénme á cabeza “palabrotas” en inglés, por iso de ser o primeiro que se aprende nas linguas estranxeiras…A min paréceme boísimo o video. Pode ser que os autores teñan o 100% da culpa, claro !!!!